Crise en Compromiso por Galicia tras o pacto electoral co BNG

Pediron a baixa o ex secretario xeral, Xoán Bascoas, ou a ex alcaldesa de Muros. Tamén todos os militantes das agrupacións de Samos e O Páramo, así como moitos da área de Santiago. Críticas polo apoio do pacto co Bloque dun ex candidato de Vox e Ciudadanos, agora na dirección de CxG. "Non ten a Franco tatuado no brazo", ironiza Piñeiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/10/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O acordo acadado entre a actual Executiva de Compromiso por Galicia (CxG), co seu secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro, á cabeza, e a dirección do BNG, provocou unha gran fractura desta formación galeguista. Os principais motivos están na decisión de non informar á militancia e ao Consello Nacional desta decisión pero, sobre todo, polas formas “escuras” nas que se produciu e pola viraxe ideolóxica cara a dereita deste partido.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro | Fonte: EP

Entre as baixas están as do seu ex secretario xeral e un dos fundadores de CxG, Xoán Bascuas, así como a da ex alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso. Tamén marchan varios concelleiros de toda Galicia e toda a agrupación de Samos e O Páramo, así como case a totalidade da de Sarria. As baixas tamén son numerosas na área de Santiago, o que obrigará a dirección a nomear xestoras ou a elixir novas direccións locais.

Con todo, Juan Carlos Piñeiro, en declaracións a Galicia Confidencial, minimiza esta crise  e asegura que “só pediron a baixa unhas 20 persoas”. “Un número moi pequeno se se ten en conta que temos 400 afiliados”, asegura. 

"INTERESES ESCUROS"

Entre as persoas que marchan a visión é diferente. Critican as formas da nova dirección e, especialmente, a súa “dereitización” e non entenden como o BNG puido chegar a un acordo cunha formación que ten unha deriva “perigosa” cara “á dereita máis rancia”. Por iso, non dubidan da existencia de “intereses escuros” ou “promesas da dirección do Bloque para colocar” a determinados dirixentes de CxG e consumar, así, a súa disolución dentro das siglas do BNG.

Poñen como exemplo o caso de José Luis Calo, que primeiro militou en Ciudadanos en Ames e no 2016 presentouse pola ultradereitista Vox na provincia da Coruña. “E agora está na Executiva de CxG e, ademais, aplaude o pacto co BNG”, apuntan.

“Eu son un demócrata e non miro de onde ven a xente. Non é un corrupto, non roubou e está en CxG porque acepta o noso ideario galeguista. Se non o aceptaba, non estaría con nós”, respondeu Piñeiro a estas declaracións. “Aquín non vemos de onde ven, senón cara onde vai e as persoas evolucionan”, suliña ao lembrar que el mesmo foi concelleiro co PSOE. “Eu veño do ámbito de UGT e hai presidentes de comités de empresa deste sindicato que son concelleiros do PP”, afirmou.

“El deume as súas razóns persoais e as súas explicacións convencéronme e por iso está na miña Executiva”, indicou. “Igual agora ten valor dobre que acepte o ideario galeguista”, engadiu. Ademais criticou a aqueles que o poñen na diana. “A min paréceme que é moito más demócrata un que ven de Vox que outro que marcha dun partido Porque perde unhas eleccións internas”, engadiu.

E sobre a súa anterior militancia quixo ir máis alá: “Non leva unha tatuaxe de Franco no brazo e non foi un activo dirixente de Vox... Obviamente se estivera berrando 'Una España grande y libre' pois non estaría na Executiva de Compromiso”, indicou.

PNV

Preguntado se o acordo co BNG pode afectar o pacto que existe co PNV, Piñeiro tamén foi contundente e asegurou que “eles mesmos aplaudiron o acordo”. “Non fai falla que diga a distancia ideolóxica que temos co Bloque pero tamén eles entenderon que había que chegar a este acordo polo ben do país”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

10 Non a esa trapallada

Quen foron os responsábeis polo BNG desa chafallada de acordo? Segundo "Galicia Confidencial" os que negociaron foron Bieito Lobeira, Ana Pontón e Rubén Cela. Este, por certo, vive en Ames, como tamén o candidato de CxG pola provincia da Coruña, que foi ex-candidato de Vox. O normal sería que o BNG rachase xa ese acordo. E deberían dimitir inmediatamente esa camarilla de amigos negociadores que controlan o BNG desde Santiago por pardillos e incompetentes. Quero expresar aquí a miña total indignación e vergoña xa que nos órganos do BNG vai ser moi difícil facelo.

1 Isolda

Exato, é inacitável a presença de infiltrados do VOX numa organização galeguista e progresista. Esse senhor está na executiva do CxG ao lado do Piñeiro, não é um simples pagador de quotas.

9 Desfeita

Parece que ao BNG vaille saír o tiro polo cu… Esta escenificación de "unidade" tiña a dobre finalidade de facer certo o mantra "somos a única forza galega", e de tocar e afundir os posibles competidores En Marea e Anova ao non os incluíren no pacto. Pero o partido que elixiron desta vez para montaren a xa clásica comedia resultou ser (como adoita pasar co "centro galeguista") un barco con bandeira de comenencia cargado de personaxes turbias e listo para o desguace. Non hai nariz tapado que ature ese cheiro. Grazas ao miope tacticismo partidista do BNG, milleiros de votantes nacionalistas e galeguistas ficarán na casa ou votarán a esquerda españolista. A única posibilidade de o BNG sacar escaños é que aos demais lles vaia aínda pior.

1 Harry_GZ

Me consta que se falou con persoas de todos os ámbitos e sumouse quen quixo, CxG e algún independentista de fóra do BNG a título individual. Isto é, xente que está moi afastada en moitas cousas pero que quixeron sumar por Galiza. Outros non quixeron aprender da nefasta alianza co españolismo porque están pensando máis en pillar cacho.

8 carmen baz

Bravo! Trátase de sumar, non de restar nin dividir. Forza Galiza e forza BNG

7 Galeguista

Peeo imos a ver... como que viraxe a dereita se acaban de asinar un acordo co BNG... Ben por CxG e ben polo BNG!!!!!

1 Xoancinho185

Menos mal, alguén con sentidiño!!

6 Puff

Pero BNG, que nesesidade había disto???