Concelleiros unidos por un Novo Proxecto Común do nacionalismo

Edís de Mondariz, Val do Dubra, Teo, Ribadumia, Catoira , Outes, Lousame, Ames, Manzaneda, Toén, Gondomar, Cuntis, Beariz, Cee, Agolada, Bergondo, Carballedo, Bueu, Chantada, Alfoz, Maceda, Muros, Portomarín, Antas de Ulla e Sober explican porque seguirán nos seus cargos mentres se constrúe unha alternativa nacionalista de esquerdas ao BNG. Na Ulloa, debate entre irmandiños, FPG, Acción Galega, Ecosocialistas e Máis Galiza.

Por Galicia Confidencial | Teo | 26/05/2012 | Actualizada ás 22:18

Comparte esta noticia

Edís de 26 concellos do país manifestáronse hoxe a prol de construír "un novo referente político". Son concelleiros que militaban até hai meses no BNG e que abandonaron a fronte no proceso de artellamento do Novo Proxecto Común.

A reunión tivo lugar en Cacheiras, Teo, onde é alcalde un dos referentes da nova forza, Martiño Noriega, militante do Encontro Irmandiño, o partido 'altermundista' que lidera Xosé Manuel Beiras.

O texto destaca que na ruptura do Bloque marcharon dúas das tres principais correntes que convivían na fronte, en referencia aos irmadiños e Máis Galiza; mentres o Bloque continúa nucleado entorno aos comunistas da Unión do Pobo Galego (UPG).

A nivel ideolóxico, o manifesto destaca polo seus ataques aos recortes executados polos gobernos ocnservadores. Así o texto argumenta que "Nestes tempos nos que todos renuncian pola política de recortes do Partido Popular, nós non renunciamos. Non renunciamos a esixir plans de conciliación, políticas sociais activas, apoio aos nosos sectores produtivos locais, prestixiadas programacións culturais, melloras das nosas infraestruturas e  servizos básicos, axuda ás actividades dos nosos tecidos asociativos e defensa das prestacións educativas e sanitarias dos nosos concellos".

O BNG solicitou reiteradamente que estes políticos deixaran as súas actas ao abandonar a fronte. Polo que se deduce do manifesto, seguirán no seus cargos. Os políticos apelan ao "deber ético" e a "grande responsabilidade" que supón ser elixido nos comicios locais para comprometerse a continuación a seguir tratando de solucionar os problemas dos veciños que "xurdan durante todo este mandato".

 Velaquí o texto completo do manifesto e a lista de asinantes:

None

TENDENDO PONTES DENDE OS CONCELLOS

As decisións importantes non se adoptan por capricho. Teñen a súa razón de ser. A ruptura da que era a casa común do nacionalismo, o BNG, produciuse en toda Galiza coa marcha de dúas das tres sensibilidades que daban razón de ser á fronte nacionalista, o Encontro Irmandiño e Máis Galiza. Un feito desta transcendencia tivo tamén consecuencias en moitos concellos do país.

Ducias de concelleiros e concelleiras próximos a estas sensibilidades ou dende a independencia decidimos iniciar un novo camiño coa esperanza de asentar modelos municipais participativos, abertos, comprometidos e orgullosos de seu. Nestes tempos nos que todos renuncian pola política de recortes do Partido Popular, nós non renunciamos. Non renunciamos a esixir plans de conciliación, políticas sociais activas, apoio aos nosos sectores produtivos locais, prestixiadas programacións culturais, melloras das nosas infraestruturas e  servizos básicos, axuda ás actividades dos nosos tecidos asociativos e defensa das prestacións educativas e sanitarias dos nosos concellos. Por principios, non renunciamos.

Mantendo o máximo respecto para cos que até o de agora foron os nosos compañeiros e compañeiras, optamos por iniciar colectivamente un novo camiño que remate na construción a nivel nacional dun novo referente político. Un camiño propio, diferente, que aposte por novas maneiras de relacionarse entre nós e a sociedade e que teña vocación de ser unha ferramenta útil para facer fronte aos retos do futuro do noso  país.

Somos conscientes da grande responsabilidade que aceptamos no momento no que fomos escollidos pola veciñanza para ser os seus representantes nos diferentes concellos. Somos conscientes de que esta responsabilidade é maior coa tarefa colectiva que temos por diante. Sentimos que temos o deber ético  de seguir representando aos veciños e veciñas que confiaron en nós nas pasadas eleccións municipais. Foi con eles, cos que realmente adquirimos este compromiso firme de defender as propostas coas que fomos elixidos, de escoitalos e de solucionarlles os problemas que xurdan durante todo este mandato.

 Dende os nosos Concellos, facendo país gran a gran queremos gañar o futuro. Novas maneiras , novas  formas de exercer a política e o convencemento de que é unha maioría social agredida a que precisa desta aposta colectiva de todos e todas nós.

 Cacheiras (Teo), 26 de maio do 2012

Asinan, representantes dos Concellos de:

Mondariz, Val do Dubra, Teo, Ribadumia, Catoira , Outes, Lousame, Ames, Manzaneda, Toén, Gondomar, Cuntis, Beariz, Cee, Agolada, Bergondo, Carballedo, Bueu, Chantada, Alfoz, Maceda, Muros, Portomarín, Antas de Ulla e Sober.

Debate na Ulloa

Por outra banda a construción do NPC segue adiante a nivel comarcal. Hoxe a Asemblea Galeguista Ulloa – Asemblea Nacionalista debateu o proceso de constitución das asembleas do NPC. Participaron Xoán Hermida coordinador do Espazo Ecogaleguista, Rafael Cuíña de Acción Galega, Xoán Báscuas líder de Máis Galiza, Luis Eyré de Encontro Irmandiño e Xosé Manuel Seixas da FPG. "Esta asemblea nacionalista da Ulloa abre a participación no debate a forzas soberanistas como é a FPG", salienta a organización do evento.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 110 comentarios

19 celidonio

Son transfugas? Non che sei, eu non me fio deles. Desde a Candocia ao Palleiro, vellas glorias e moita palla, sempre enredando e maquinando a cambio de pequenas parcelas de poder... Pero hai algo que esquecen os que piden que devolvan as actas ao BNG, así en Chantada, Carballedo ou Sober, e supoño que en moitos outros lugares, a totalidade da lista marchou do BNG. A quen lle devolven á acta, ao PP ou ao PSOE? O que hai que recuperar é a democracia, e para iso nin PP, nin PSOE, nin BNG, nin ex-BNG... O xogo non serve!

1 Que a devolvan

A lei é clara, hai que devolver ao partido que apresentou a lista. Se a lista marchou toda, haberá que nomear outros fora dela. Iso xa aconteceu moitas veces noutros partidos, non é nada novo. Como non é nada novo facer dano para sair coa sua.

2 eu coñezo

Que lei di iso, fabulador?

3 eue

Claro, e o mellor para o País e o nacionalismo é que o Bloque que xa non é o Bloque poña a un concelleiro/a de fóra da localidade.

4 Preto petróleo

Eue, moitos deses non son nen da localidade na que están. Non facedes mais que ladrar por ladrar.

18 GaleguistaGZ

Vaia esquerdallada, hahaha! estes pailáns non se decatan que o seu teito eleitoral en GZ está nos 18 deputados??? os máis que acadou o BNG orixinal? eso,... se non se meten unha hostia merecida nas autonómicas e desaparecen despois!

1 galiza ceive

galiza ceive

2 Manuel

¡eiiiiiiihhhhh carballeira!

17 comento

vexo que onde, non só proe, senon que se ocupan e se preocupa do NPC, é no psio do lado; partillamos edificio, o edificio nacionalista, mas agora, en pisos diferentes. Sabedes que o BNG, un proxecto colevtivo, un NON partido se non frnete, era de todos, o seu capital político é de todos, amiguiños. Canasades, certamente, porque repito, iso que dicides xa sabedes que é falso e unha falacia. Agora ben, recomendaríavos coidar da vosa casiña, que xa trascendeu que na U andan a ostias con risco de rachar, porque se "foi demasiado lonxe". A ver se polo menos conservades o que queda de BNG, que vai facer falta para botar aos destroyers do PP. Saúdiña

1 Aliado dos upegallos

EN palabras do voso "armador" non sodes nacionalistas, sodes galeguistas, que non é o mesmo. Rexional-dereitismo por un lado, nacionalismo progresista polo outro. A rañala, tránsfugas.

2 comento

"vexo Vigo vexo Caaaanggassa, tamén vexo POntetevedra.....". Xa pasaron meses, e a cda que vdes qeu a cousa toma corpo, PR xa vos manda bombaerdear os foros..Tan mal pinta a cousa no finado-BNG? Porque mira que xa qedara claro isto dos concelleiros/as, pero carallo, ante o ruido interno da propia UPG, e o risco inminente de baixas pra o proxeecto de Aymerc...cortiñas de fume pra dar a lata...se nos coñeceremos...

16 Bandeira

O mellor é a foto, hai que conservala, veremos no futuro onde acaba cada un/unha destes TRÁNSFUGAS.

1 9esj

Vive a vidiña, que parece que estás a soldo...

15 brais

Sempre os chamamos TRÁNSFUGAS, non sei por que agora non.

1 jsdw

POLISÓNS, pero non era polisóns jajaja

2 de prestado

se cadra, se te informas e comprendes o que é un transfuga, cambias de opinión. Ou non!