Cales son os retos da universidade europea no futuro?

Arrinca en Santiago o Encontro Internacional de Reitores que abordará os principais problemas da educación superior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2019 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O Encontro Internacional de Reitores do Camiño de Santiago arrinca este mércores na capital galega para abordar e debater algúns dos grandes retos que esperan á educación superior nos próximos anos, como son o espazo universitario único ou o papel de liderado que deberán asumir estas institucións nos obxectivos de desenvolvemento sustentable.

A xornada foi inaugurada da man do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o reitor compostelán, Antonio López e o presidente do Grupo Compostela de Universidades, Marek Kreglewski, quen trasladou o pracer de poder celebrar este evento en Santiago e cunha representación de "a metade" dos membros do colectivo.

Rodríguez animou aos responsables destas institucións a peregrinar "xuntos" cara a un "futuro mellor" a través dos valores propios do Camiño de Santiago.

Pola súa banda, o reitor da USC, Antonio López, destacou a importancia do encontro para reflexionar sobre "cuestións centrais para o futuro da universidade", a través de diferentes relatorios e mesas de debate.

Un deles, o "gran proxecto da universidade europea", un "paso adiante" no Espazo Europeo de Educación Superior que busca alcanzar "un espazo universitario único". Así, poderanse coñecer os primeiros pasos nesta dirección e algunhas desas experiencias.

Doutra banda, os reitores disertarán sobre a "nova misión" destas institucións, os principios e obxectivos de desenvolvemento sustentable no que as universidades deben asumir "o papel de liderado que lles corresponde". Un proxecto social que vai máis aló da autonomía das universidades e da súa función investigadora, sinalou López, e que apunta cara á eliminación da pobreza e a fame, a sustentabilidade enerxética ou o cambio climático.

Encontro Internacional de Reitores do Camiño de Santiago. XUNTA
Encontro Internacional de Reitores do Camiño de Santiago. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta