Que pasa no Refuxio de animais de Bando?

A Asociación Animalista Libera e Abeiro critican a expulsión de voluntarios que discordan coa dirección do centro e denuncian a falta de democracia interna deste organismo. Denuncian o masivo sacrificio de animais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/05/2012 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera e a agrupación de voluntarios Abeiro non comparten nin os métodos nin a organización do refuxio de animais de Bando. Por eso, acaban de denunciar a falta de democracia interna deste organismo e amosaron a súa solidariedade cos voluntarios e voluntarias expulsados nos últimos tempos por "simplemente discordar coa política que segue a dirección do centro".

 

Os animalistas lembran que a idea inicial do refuxio de animais compostelán, xestionado por unha fundación da que forman parte diferentes concellos da comarca, era seguir unha política de sacrificio cero, é dicir, só se sacrificarían aos animais abandonados que tiveran patoloxías de imposible curación ou por motivos humanitarios. "Sen embargo, dende os últimos anos, o número de mortes provocadas nas instalacións aumentou sustancialmente e xa non se pode falar de tales intencións", denuncian.

 

Control da dirección

 

As organizacións defensoras dos animais tamén critican a imposición dunha normativa para o persoal voluntario, que adica o seu tempo de maneira desinteresada no coidado dos cans e gatos aloxados no refuxio, que permite entre outras cousas que a propia directora do refuxio escolla aos candidatos a representante dos voluntarios antes das supostas votacións. "Sen dúbida unha forma de manter controladas ás persoas que disinten coa deriva exterminadora e a xestión que están asumindo as instalacións de Bando", critican.

 

As entidades rexeitan o comportamento sectario da directora do centro, así como o carácter de “explotación” ao que somete ao voluntariado, que considera os seus propios traballadores.

 

Sacrificios

 

Así, suliñan que as normas, redactadas en 2011 e ás que tiveron acceso estas organizacións, contemplan únicamente os deberes e responsabilidades do persoal voluntario, pero en ningún momento os dereitos dos propios voluntarios.

 

"Resulta paradoxo que un refuxio de animais con máis de 300.000€ anuais de dotación orzamentaria teña que sacrificar aos propios residentes, abandonados polos seus antigos responsables, no canto de promover campañas efectivas de adopción", apuntan. Neste sentido, afirman que na comunidade galega existen refuxios que teñen un orzamento que non chega ao 5% do adicado a Bando e siguen unha política de sacrificio cero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 60 comentarios

10 Megaras

E mentras discutimos hai animaliños inocentes morrendo .... pola nosa incompetencia

1 Eraboa!!

Aquí incompetencia ningunha, como xa dixen, hai voluntarios que fan unha labor fantástica, agora solo falta que vexan onde está o problema para darlle solución. Mentres non saquemos do medio o problema real, será como bater contra un muro...

2 Mar_K

Morir, aunque se mueran ellos ( 77 animales es un nº muy alto de muertes naturales para tener servicio veterinario... ) la inmensa mayoria son eutanasiado o sacrificados, como lo quieras ver, entonces solo hay una persona que sea inconpetente y en la mano de los voluntarios no esta decidir quien vive y quien muere...

9 anonimo

con foto o sin foto, legal o ilegal. la dirección de, bando está consiguiendo lo q quiere que os echeis la guerra entre vosotros mientras ella sigue matando animales sanos a vuestras espaldas, que los mas de 1500 animales que ya han acabado en el congelador necesitan compañía. a gracias a La anónima que ella señaló a varios que han acabado allí dentro. tal exterminio no es obra de una sola persona.

1 anonimus

moi ben agora ay q darlle saida a 1500 cans. e se non se é capaz?? que facemos?? eu propoño montar uns cans encima de outros nos caniles... que vos parece

2 Eraboa!!

Emm.. déixame pensar.... podemos non coller o teléfono, non contestar mails... e se a alguén se lle ocurre vir a adoptar tratalo mal... total... a xente sólo busca tocar as narices! Así cando teñamos un puñado ben feito podémolos mandar para o conxelador, que así sale máis barato o porte de Servigal...

3 anonimo

por suposto se se fixese todo eso sairían mais cans, é certo tamen que se poden e deben mellorar moitas cousas no eido da atención, difusión e xestión en xeral, pero se algén cree que por coller o telefono e responder mails, ían ser adoptados 1500 cans en 5 anos... aqi acusades de q se matan a capricho ou por pracer.. é increíble, decideme, 1500 cans en 5 anos, con 500 cans actualmente para 60 caniles, onde carallos os metemos??!

4 Eraboa!!

Mira, non é só o de non coller o teléfono, digamos que ese é o máis alto grado da daixadez, pero pódoche dicir de boa fé, que había colaboracións con institucións tanto españolas como extranxeiras que podían sacar ben cans, non hai moito mandábanse cans fóra de España, pero sabes por que non se fai agora? Pregunta no refuxio a ver se o saben, eu ben o sei e é máis do mesmo, deixadez, pasotismo e mala xestión. E faime caso, hai institucións en España que dan en adopción ben máis de 1500 cans en 7 anos e non teñen nin a metade dos 60 caniles do refuxio, o caso é saber traballar, saber levar adiante unha institución. Se ti vises as asociacións que non teñen nin refuxio e a cantidade de vidas que dalvan daríaste cun canto nos dentes. Pero claro, é mellor pensar, pobriños nós, que nos saen os cans polas orellas, e mellor matalos todos que facer o que hai que facer para que a cousa cambie.

5 Eraboa!!

De acordo que unha forma de axudar e indo ó refuxio a sacar cans e difundilos e facer actividades, iso está moi moi ben, e seguro que moitas vidas o agradecen. Pero de verdade ninguén se da conta do que en realidade frea que o refuxio sexa tal e como poñen na súa web "un auténtico centro de protección animal"? A min gustaríame que moitos dos defensores da práxis da dirección fosen a otros refuxios e visen por eles mesmos cómo se traballa... Eu anímovos a seguir traballando, pero queda moito moito por facer para que realmente as cousas cambien e se deixen de matar animais.

8 voluntari@

podedes criticar a xestión, a política e por suposto a atención ao público que presenta importantes carencias, pero deixade en paz ao voluntariado, que xa bastante temos con dedicar o noso tempo e esforzos... eu teño o cu a bo recaudo, podedes estar tranqilos os que tedes tantas queixas e ningunha idea nin experiencia.

1 Eraboa!!

Shhh!! Ó xeitiño!! que moi segur@ estás tí do que dis!! Será que ó mellor xa eras voluntaria na antiga protectora... si, seguramente debe ser iso... aquí xa se vé o que eu dicía onte nesta mesma páxina, que ou tes galons ou hai que andar agachadiño e piando baixiño. Eu ata agora non vin que ninguén se metese cos voluntarios gratuítamente, só se contesta ós que veñen a defender o sistema como algo fóra do común...! O teu cú aínda non o coñezo... pero ben sabido é que tampouco me quita o sono...! Deicaloguiño!

2 voluntari@

Eraboa, precisamente ti acusas aos voluntarios de "cibervoluntarios e cunilinguistas da dirección" agora dis que facemos unha labor fantástica...danos tempo de facer cousas moi moi boas entre poñer o cu e os cunilungus q esixen para obter galóns...tes razón nos últimos dous comentarios, pero como comprenderás, e como vimos defendendo @s voluntari@s que tamos comentando aqui, o q che perden son as formas. pareces estar bastante enterad@ na materia, e por eso comprenderás a miña proposta de q dirixades as vosas forzas contra qen hai q facelo, e deixedes en paz ao voluntariado, q xa bastante temos e bastante facemos.

3 Eraboa!!

Chámovos cibervoluntarios e cunilingüistas ós que defendedes o indefendible... anda que non se levan proposto cousas e solucións... pero nada! Ahh pero espera... que aínda se lle quería facer un homenaxe á directora...!! agora dime tí si eso non é ser cibervoluntario, cunilingüista e poñer o cú, en fin... "No mundo dos cegos, o torto é o rei".

7 xxx

Eu levei dous cans que atopei abandonados e os dous foron adoptados, segundo vin na web do refuxio. Iso está cheo de animais e amigos que foron adoptar alí dinme que o trato foi bo. Iso está cheo de animais, moi cheo, e dan moito traballo, ademais de moita pena. Pero eu vinos ben.

1 Inés

pero miraches tamén os que había dentro do conxelador, porque eses creo que non estaban moi ben...

6 jivaro

Canino, a experiencia de meus pais hai un par de anos coincide totalmente coa que ti describes. Tras morrernos dun ataque o can da casa, acudiron coa mellor intencion a Bando, pensando que antes de ir a calquera outro sitio debian intentar adoptar. Con todo, marcharon corridos polas maneiras e coa conclusion (amarga, polos animais) de que non habia interese en que adoptasen.