Que pasa no Refuxio de animais de Bando?

A Asociación Animalista Libera e Abeiro critican a expulsión de voluntarios que discordan coa dirección do centro e denuncian a falta de democracia interna deste organismo. Denuncian o masivo sacrificio de animais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/05/2012 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera e a agrupación de voluntarios Abeiro non comparten nin os métodos nin a organización do refuxio de animais de Bando. Por eso, acaban de denunciar a falta de democracia interna deste organismo e amosaron a súa solidariedade cos voluntarios e voluntarias expulsados nos últimos tempos por "simplemente discordar coa política que segue a dirección do centro".

 

Os animalistas lembran que a idea inicial do refuxio de animais compostelán, xestionado por unha fundación da que forman parte diferentes concellos da comarca, era seguir unha política de sacrificio cero, é dicir, só se sacrificarían aos animais abandonados que tiveran patoloxías de imposible curación ou por motivos humanitarios. "Sen embargo, dende os últimos anos, o número de mortes provocadas nas instalacións aumentou sustancialmente e xa non se pode falar de tales intencións", denuncian.

 

Control da dirección

 

As organizacións defensoras dos animais tamén critican a imposición dunha normativa para o persoal voluntario, que adica o seu tempo de maneira desinteresada no coidado dos cans e gatos aloxados no refuxio, que permite entre outras cousas que a propia directora do refuxio escolla aos candidatos a representante dos voluntarios antes das supostas votacións. "Sen dúbida unha forma de manter controladas ás persoas que disinten coa deriva exterminadora e a xestión que están asumindo as instalacións de Bando", critican.

 

As entidades rexeitan o comportamento sectario da directora do centro, así como o carácter de “explotación” ao que somete ao voluntariado, que considera os seus propios traballadores.

 

Sacrificios

 

Así, suliñan que as normas, redactadas en 2011 e ás que tiveron acceso estas organizacións, contemplan únicamente os deberes e responsabilidades do persoal voluntario, pero en ningún momento os dereitos dos propios voluntarios.

 

"Resulta paradoxo que un refuxio de animais con máis de 300.000€ anuais de dotación orzamentaria teña que sacrificar aos propios residentes, abandonados polos seus antigos responsables, no canto de promover campañas efectivas de adopción", apuntan. Neste sentido, afirman que na comunidade galega existen refuxios que teñen un orzamento que non chega ao 5% do adicado a Bando e siguen unha política de sacrificio cero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 60 comentarios

5 Canino

Hai uns anos intentei adoptar un can do refuxio. Como ninguén collía o teléfono, presenteime alí. O persoal que me atendeu, moi desagradable (non sei quen era), púxome tódalas trabas posibles e ata me desaconsellou a adopción, aducindo que ter un can conlevaba moitas responsabilidades, etc. (como se eu non o soubese). Total, que adoptei noutro sitio... unha cadeliña traumatizada que pouco a pouco se foi adaptando ao fogar e varios anos despois podo dicir que esas trabas insuperables non as vin por ningures. Nunca entendín esta política.

4 Tonexo

¿ poden matar animais e durmir en paz ? que ganan lambendo e cu ?

1 Eraboa!!

Ganan non enfrentarse á directora e acabar na rúa como moitos outros... ó refuxio súbese caladiño e sen facer ruido... que alí quen diga as cousas ben alto xa hai....

3 anonimo

refuxio?? e máis de 300000euros anuais? O primeiro cambiarlle o nome, o segundo, seguramente a xestión. Como sempre, os animais son as víctimas.

1 s6n6

Aqui os animais son os verdugos.

2 anonimo

Sei de casos de xente que adoptou noutros sitios porque lle falaron moi mal de Bando, gracias a xente que fai esa publicidade e que así se sinten mellor, cada vez é mais dificil dar saida a estes animais. Unha vez mais o egoismo da xente que viu frustradas as suas aspiracións e que agora ten unha recua de subditos rabiosos que se apuntan a calquera cousa na que podan montar barullo.

3 Mar_K

No adoptarian en otro lados porque el horario es reducido ? O porque no se coge el tfno ? o porque nunca se devuielve un mail ? o se tiran esperando un animal meses ?

4 anonimo

¿sabes leer Mar_K? Porque escribir vexzo que si, ainda que te dicten o que tes que escribir, puxen ben clariño "porque lle falaron moi mal de Bando". Douche media hora para analizalo, e despois, que che dicten a resposta. Xa outro dia perdo mais tempo contigo, que 5 minutos xa me parece moito para tan pouco

5 Eraboa!!

Si home sí... que de bando solo falan mal 4 tontos... di que sí... aquí a xente volveuse xorda cos alaridos dos cans que saen do canil cara o conxelador!

6 Mar_K

Aun los hay que viven en los mundos de yupi, y por lo que veo, no es solo gente de fuera que no conoce la gestión... A ti te doy una hora, total, te van a faltar dos...

7 Eraboa!!

Mar_K, se iso que dis vai por min, explícate mellor, porque parece unha ameaza...

8 Mar_K

Na, no era por ti, el anónimo me dió 5 minutos, yo le doy una hora para pensar. Creo que tenemos aquí una Pro-Dire con todas las vidas segadas que lleva.

9 Eraboa!!

Vale! Agora o entendo!! :) Aquí hay moito opositor a voluntario do ano!! Xa cada un que o entenda como queira...

10 anonimo

definitivamente isto era o que lle facia falla aos cans de bando, moi ben, grazas pola publicidade, cans non se adoptaran, pero por mor destas rencillas atrasadas e frustracions, vaise falar moito, canto interese persoal, canta demagoxia... e moi triste

11 anonimo

Os cans de bando están fodidos dende fai tempo, o que aquí se escribe non é nada novo. Os voluntarios non din nada (por diante) por qué? non che parece moi significativo que os voluntarios solo falen por detrás ou cando deixan de ser voluntarios? Porque voluntarios agora mesmo constame que hai ben deles, pero aínda hai máis que se foron por propia voluntade e moitísimos máis que non se lles deu a oportunidade de participar. Si eso e ter rencillas atrasadas, frustracións, interese persoal e demagoxia, pois vale. Sigo...

12 anonimo

Agora aínda vai ser raro que a xente se queixe do que non está conforme... xa non vale con dicir... o que queira facer algo bó, que vaia ó refuxio e que o faga, xa que non se chama á xente que quere ser voluntaria, tampouco se contestan mails nin se colle o teléfono. Pero claro... os que estades colaborando xa... que ides dicir? que estades promovendo e lavando a imaxe dunha canceira municipal? Pois si.. é certo... eu prefiero usar logo a demagoxia que poñerlle o cú a quen escolle o can que eu quero apadriñar, pasa de min cando levo un can en acollida, me da un can enfermo en adopción, ou directamente pasa de darme nada... que ás veces parece que non hai cans no refuxio. Sigo...

13 anonimo

Non hai máis que mirar a web ou o facebook... ahí vese perfectamente a intención que levan de dar os cans... en fin... unha trapallada todo... eso sí... que non vos toquen o voso santuario de animais.. que xa se lía... hai que joderse... e pensar que os votos desta xente valen o mesmo que o meu........

2 Anonimo

Agora ai q conhecer a outra version. Xq o resto de refuxios tenhen menos animais e polo tanto o presuposto é menor. O refuxio de bando podería funcionar mellor pero aínda así é dos q mellor funcionan do país e os voluntarios non están sometidos a presions

1 Mar_K

jajajajaja del país ni más ni menos, por dios, sal de Santiago y conoce mundo. Yo estuve en la última reunión y ni dios abrio la boca por miedo a la Dire, que sabemos lo que paso con los que las llevan la contraria.

2 anonimo

Eu estiven na ultima reunión, e si había voces en contra da direccion pero finalmente tres persoas acapararon toda a atención. Duas delas, que creo que ainda non eran voluntarios, dando mostras dunha moi mala educación e tratando de sacar das suas casillas a directora levantandolle a voz e "insultandoa". Eu tiña cousas que dicir pero por culpa desta xente fiquei calada, e o igual que eu, sei que outra xente, pere estes foronse enchidos porque conseguiron crear mal ambiente. Si que hai cousas que se poden mellorar, pero estes ataques parecen máis personais que outra cousa

3 anonimo

No tempo que levo de voluntario en ningún momento vin "explotación", se esperas subir para xogar con animais podes ir a unha granxa-escola. Na reunión do venres penso que ninguén tivo medo algún a expoñer a súa opinión, non se obriga a nada. En canto ás eutanasias, todos sabemos o masificado que está o centro, e os problemas que hai de investimento, o que dende logo non axuda é esta publicidade, dando esta imaxe dudo moito que se contribúa ao obxetivo que non deixa de ser que saian o máximo de animais posibles... Se credes que isto axuda aos cans e gatos que están alí...

4 Mar_K

En el domingo nadie dijo nada, asi que supongo que tu irias a la primera, o se podía ir a las dos ? En la mia del domingo, los maleducados en vez de dar voces asentian a la dire..

5 anonimo

eu son voluntaria do refuxo e non quero que ninguen fale por min, eu non lle teño medo "á dire" nin me sinto explotada. cos que levan a contraria non pasa nada se expoñen as súas ideas con educación e respeto,como facemos todos.Asique pido que non se faga demagoxia nin se terxiverse a realidade.Ningun voluntario foi expulsado por "simplemente discordar coa política que segue a dirección do centro", é totalmente incerto, e as persoas que levamos anos dedicando o noso tempo de maneira desinteresada... sabemos bem que esto responde ao obxectivo único de desprestixiar o refuxo de bando, a dirección e aos voluntarios.

6 Eraboa!!

Pero vos a que refuxio dicides que ides? Ó de bando? Aínda non mo creo... Bueno sí... sí que mo creo... a directora, que parva non é, xa se encargou durante todos estes anos de formar os seus cibervoluntarios. E senon preguntade un pouco e saíde á rúa. Ó final a culpa sempre as teñen os de fóra que chegan para ser voluntarios cansados de todo o que saben da canceira dende fai tempo. Pero claro... alí enriba se non tes galóns por antiguedade ou por cunilingüista tampouco tes opinión. Veña rapaces... é mellor estar calados como na reunión do domingo, que según se conta, foi moitísimo máis productiva! Para os que queiran saber máis acerca da canceira, ou queiran aportar a súa experiencia, tedes aberto un blog moi curioso: http://olloorefuxio.blogspot.com.es

7 Mar_K

Servigal, la Perrera de Coruña donde matan a los 20 días, es el servicio de laceria de Bando verdad ? Ya se quien eres, ya me hablaron de ti.

8 anonimo

Mar_K, en tu primer comentario dices "por dios sal de Santiago" ... aplicate el cuento :D Servigal(una empresa privada) tiene la concesion de la perrera de Coruña y la recogida de animale del Ayuntamiento de Santiago entre otros. No tiene nada que ver directamente con Bando ni es propietaria de la perrera de la Coruña. Y esta como muchas otras cosas que decís, ni puñetera idea, pero se os da bien hacer ruido, porque está claro que no sabeis o quereis hacer nada mas.

9 Mar_K

Un persona que percibe una prestación económica por llevar perros a Bando y sacar de allí cadaveres muy voluntario no es, ni ella, ni su Sra esposa.

10 anonimo

eu non son ningun cibervoluntario, son unha persoas que leva anos dedicando o seu tempo, subindo cada semana sen faltar un só día. gustariame saber cantas veces estiveches ti ali, para falar con tanta autoridade.

11 Eraboa!!

Os de Servigal son uns asasinos todos!! Pero todos todos todos!!! O servizo de lixo do concello fai mellor labor co lixo que eles cos animais, polo menos, estes últimos encarganse de recoller todo o que se lles manda!

12 Eraboa!!

EU? secadra ben máis das que te imaxinas! pero tranquila... como xa dixen... os que subimos pouco ou nada, non temos opinión... así que non digo nada!

13 Mar_K

Eraboa, en eso tienes razón. Servigal y Bando no se tienen nada que envidiar.

14 Eraboa!!

Absolutamente Mar_K, son tal para cual!! Ben parecidos en según que aspectos!

15 Inés Trillo

291 asasinatos de cans e gatos na canceira de bando en 2011 e tan só 11 adopcións nese mesmo ano e son novas coma esta as que prexudican a eses pobres animais? non, son xestións tan pésimas coma esta as que o fan. se de verdade queredes ós animais facede exame de conciencia, seguro q notaredes unha sensación extraña no peito e xa se vos preguntades q gañamos nós con desprestixiar á canceira e atopades resposta contádemo porque morro de curiosidade, o único q queremos é axudar ós animais, a máis de 11 por ano a poder ser e sen ter q matar a 291 por detrás...

16 Mario Santiago :)

Cómo vos gusta esaxerar as cousas (e incluso inventalas) "anonimos" que eu saiba ningúen insultou a ninguén(a excepción da directora que nos mandou a tomar polo cu), e si respeto por unha asasina de cans ningún, por certo xa somos voluntarios hai tempo e se non levamos máis e pola vosa marabillosa xestión que nos xa hai máis de 2 anos que nos ofrecimos para subir e reenchemos a ficha de voluntariado... e en serio se estades orgullosos do traballo feito en bando, tedes moito que plantexarvos...

17 rubiñatola

Dende logo usar unha foto onde saen menores de idade e voluntarios que non teñen nada que ver ca noticia que se quere dar creo que é denunciable...e sobre todo penso que si se quere que a xente suba a Bando adoptar, isto no axuda moito...e pode ser unha forma de "eutanasia pasiva" e un flaco favor para os pobres animais, e otraballo duro dos voluntarios que suben cada semana e organizan un montón de actividades informativas e con resultados moi positivos de adopcións...penso mais ben que isto é un problema de caracter personal cunha persoa en concreto.Penso que no é este o camiño para axudar

18 anonimo

pero que datos son eses ines? ti sabes que esas 11 adopcions refirense as saidas de puntos de adopcion, en nengun caso fala das adopcions totais, se isto non e demagoxia... e ademais con coñecemento do dano que estas a facer terxiversando numeros... e estou de acordo, poñer unha foto de voluntarios alleos a xestion do centro e bastante desacertado, pero poñer a menores de idade e bochornoso...

19 anonimo

e eraboa! estasme a chamar cibervoluntario formado por unha persoa que sonceramente nunca me dixo nada fora de tono, nen sequera ao propoñerlle algunha cousa, por outro lado tamen me chamas cunilinguista... en fin, palabra moi bonita, ogalla a tua educacion estivera a altura do teu vocabulario...

20 anónima-2

A foto usouna o periódico por que lle deu a gana, non ten nada que ver co tema principal, se tedes algun problema, queixarvos ó periodico pero deixade de poñer a foto coma excusa e usala para darlle menos importancia a noticia.

21 anónima-2

A foto usouna o periódico por que lle deu a gana, non ten nada que ver co tema principal, se tedes algun problema, queixarvos ó periodico pero deixade de poñer a foto coma excusa e usala para darlle menos importancia a noticia.

22 anonimo

Inés Trillo, as 11 adopcións son as conseguidas na saidas do voluntariado (festas de San Pedro, Dia da Patria Galega,...) no centro fixeronse moitisimas mais. Informate, por moito barullo que montes, se o fas mintindo, perxudicas a xente que levamos tempo tentando cambiar as cousas ala arriba.

23 Eraboa!!

E logo non? Aquí uns usamos a demagoxia e non sei que máis, e outros sodes cibervoluntarios da directora... son puntos de vista diferentes e igual de válidos. Quen ten a razón? eu non son quen de dicilo, pero dende logo as cifras e as noticias son ben claras:

24 Eraboa!!

- Máis de 1400 animais mortos dende 2005. - Máis dun 20% de sacrificios dos animais ingresados en 2011. - De cada 2 animais adoptados, 1 é sacrificado. - Miles de euros en apadriñamentos que ninguén sabe onde van. - Case 11.500€ promovidos en actividades que tampouco se saben dónde están. - Acolledores que nunca máis volven saber do refuxio para nada. - Xente que quere subir de voluntariado e non se lles chama. - Xente que chama para adoptar e non se lles colle o teléfono. - Xente que manda e-mails para adoptar ou informarse e non se lles contesta. - Xente que se acerca as instalacións para informarse ou adoptar e non se lles trata ben. - Normas absurdas e abusivas para o voluntariado. - Reunions privadas e pechadas para certos voluntarios. - Expulsións motivadas por discordar coa política que segue a dirección do centro.

25 Eraboa!!

Ala, ahí levas demagoxia para parar un tren... o carallo é que son datos reais, testimonios reais, e noticias reais. PD: A palabra cunilingüista, se che gusta, adícocha con todo o agarimo! Eso sí, ten ben claro que non hai tanta diferencia entre definir cunha palabra a alguén e chamar demagogos a quen aporta datos reais.

1 jz8x

Que vergonza.