O delegado do Goberno destaca a "capacidade de emprendimiento e innovación" da muller no rural

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destacou este xoves a "ampla presenza" de galegas nos 'Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais' como "mostra da capacidade de emprendimento e innovación da muller no sector pesqueiro e agrario galego".

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación concedeu este mércores os 'Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais' que, na súa décima edición, premiaron os traballos de 11 mulleres vinculadas co medio rural, dos que catro foron para empresas e proxectos impulsados por galegas, informou a Delegación do Goberno nun comunicado.

Tres corresponderon á categoría de 'Innovación na actividade pesqueira ou acuícola' e un á categoría 'Innovación na diversificación da actividade económica do medio rural'.

Javier Losada sinalou que se trata de premios a nivel nacional que o Ministerio convoca anualmente "para dar visibilidade ao labor das mulleres rurais na diversificación da actividade económica e as actuacións emprendedoras no territorio". Ademais, o delegado do Goberno felicitou ás galardoadas e espera que supoñan un "exemplo para outras mulleres que estean a traballar para crear novas oportunidades no mundo rural".

Muller que vive no rural| C. Sánchez - LG
Muller que vive no rural| C. Sánchez - LG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta