Temas: MODA

Presentación de Silencio, colección de Gonzalo Vázquez

Vén de presentarse no hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela o último traballo de Gonzalo Vázquez, “Silencio”, con grande expectación por parte do público invitado, prensa e bloggers especializadas en moda.

Por Paco Gallego | Santiago de Compostela | 31/05/2012 | Actualizada ás 08:05

Comparte esta noticia

None

En palabras de Gonzalo Vázquez, “a presentación dunha nova colección é toda unha experiencia. Despois de meses traballando sobre todas as prendas que a conforman, chega un momento en que decides que a colección está terminada e polo tanto é o momento de presentala, de facela parte do público. Este é un momento moi especial, pois é cando deixa de ser túa para ser de todos, para que iso que ti quixeches expresar se entenda, se terxiverse ou incluso se malinterprete: Esa é a maxia da comunicación entre un deseñador de moda e o seu público”.

Silencio, esta colección prêt-à-porter de GV, xa está en mans do público, e xa hai moitas persoas que están gozando coas súas prendas, que cren na moda como unha forma de comunicación sen palabras. O imperio das cores, das texturas e das insinuacións. Gonzalo reivindica o factor diferencial ante a uniformización dos hábitos no vestir actuais, especialmente das persoas máis novas.

A técnica

En canto á parte técnica, Gonzalo afirma que “esta colección primavera-verán é unha constante experimentación de cores sólidas en tecidos nobres, onde predomina a seda e o algodón sobre outros materiais e na cal as formas sinxelas destacan nunha patronaxe pensada para unha nova interpretación do corpo, de definilo e de repensalo desde unha óptica contemporánea. Porque Silencio é unha prolongación daquela Discreción elocuente -que tan ben soubo ver, interpretar e sintetizar Dores Tembrás naquel post do seu blog- e que agora se quere interpretar como un paso máis adiante e quizais como un punto de inflexión cara a experimentación máis radical”, di o creador en relación ó futuro da súa obra.

None

As críticas

Tralo desfile, algún dos presentes afirmaba con orgullo ter prendas dos comezos deste deseñador, detalle aparentemente anecdótico pero que vén resumir cunha forte seguridade que Gonzalo Vázquez dará moito que falar nos próximos tempos e que as prendas das súas primeiras coleccións cobrarán moita máis importancia da que agora xa teñen, como adoita acontecer coas obras de xuventude e experimentación de moitos modistos.

En xeral, a traxectoria de Gonzalo vénse caracterizando por unha liña sutil da elegancia cunha despreocupación por “desmostrar” o exceso. Céntrase no seu facer diario de exploración das formas artísticas que lle acaen en cada momento vertebradas todas elas pola moda.

Tenda online

Silencio xa se pode atopar na tenda virtual  de Gonzalo Vázquez -internet cpmeza a ser o territorio onde se libran os combates da moda, máis que as clásicas revistas especializadas das grandes cadeas editoriais italo-francesas- onde xa se poden adquirir as prendas da nova colección, ver un álbum fotográfico dos desfiles e dos lookbooks e tamén seguir todas as novidades que se produzan na marca.

Ver o álbum completo de imaxes no noso facebook GC Tendencias.

None
None
Temas: MODA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 saña

Non tera un valor engadido mais si en vez de silencio se chamara "silenzo"? soa moito mellor e distinguiraxe un chisco nese mundillo.Tamen en galego se pode vender ben si como parece é un bo producto.

1 MarcosM

Acábaste de lucir!