Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2019 | Actualizada ás 17:40
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou este xoves a designación da exministra e expresidenta do Congreso Ana Pastor como número dous por Madrid, tras Pablo Casado, na candidatura dos populares á Cámara baixa para as eleccións xerais do 10 de novembro.
Feijóo sinalou que a elección de Pastor para este posto na lista supón "un recoñecemento á figura política" da dirixente. Recoñecemento que, engadiu, "o PPdeG celebra como propio".
Preguntado acerca de se, dada a súa experiencia, sería unha boa opción para ser portavoz do PP no Congreso, o presidente galego rexeitou pronunciarse co argumento de que non lle corresponde a el adoptar dita decisión.
"As miñas competencias son as que son e coñézoas ben", esgrimiu, para declinar pronunciarse acerca de se Pastor debería ser a portavoz dos populares no Congreso, posto que ocupa Cayetana Álvarez de Toledo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.