Dobre multa a un home por ir en patinete eléctrico bébedo e pola beirarrúa

Foi o propio multado quen chamou á policía para notificar un suposto accidente contra un coche en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2019 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

Un veciño de Pontevedra de 29 anos que chamou á Policía Local para denunciar que recibira un golpe contra un coche cando circulaba co seu patinete eléctrico acabou dobremente multado por transitar pola beirarrúa e por facelo baixo os efectos do alcol.

Patinete eléctrico.
Patinete eléctrico.

O incidente tivo lugar á primeira hora da mañá deste xoves. Ao redor das 07,45 horas, o propio multado achegouse á xefatura da Policía Local para denunciar un accidente na rúa Blanco Porto.

Ata alí desprazouse unha patrulla, á que o home de 29 anos relatou que un coche que saía dun garaxe lle golpeara cando circulaba pola beirarrúa.

Os axentes someteron á proba de alcoholemia ao usuario do patinete, dado que presentaba síntomas de inxerir alcol. Finalmente, o mozo deu positivo cunha taxa de 0,53, o dobre do permitido.

Así, a patrulla impuxo unhas dúas multas ao usuario do patinete: a primeira por conducir baixo os efectos do alcol (500 euros) e a segunda por circular pola beirarrúa (200 euros).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta