Caída xeneralizada da confianza empresarial, que rexistra o seu maior descenso desde 2013

No conxunto do Estado baixa un 2,9%, o seu maior descenso desde 2013.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2019 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

O Índice de Confianza Empresarial Harmonizado (ICEA) en Galicia descendeu un 2,2% no catro trimestre de 2019 con respecto ao terceiro, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A cifra galega é sete décimas inferior á rexistrada no conxunto do Estado, onde a confianza empresarial cae un 2,9 por cento, o que supón o seu maior descenso desde 2013.

Así, a galega convértese na sexta comunidade na que menos descende este indicador para o período entre outubro e decembro, ao situarse por detrás de Asturias (-9%), Canarias (-1,1%), Valencia (-1,4%), A Rioxa (-1,4%) e Cantabria (-1,4%).

En concreto, o balance de expectativas (diferenza entre as opinións dos empresarios optimistas e os pesimistas) situouse en Galicia en -5,3 puntos, por baixo da media estatal de -2,7 puntos.

Con todo, a porcentaxe de establecementos empresariais da Comunidade que pensan que a marcha do seu negocio será desfavorable entre outubro e decembro deste ano situouse no 19,1%, cifra lixeiramente inferior á estatal (19,5%).

Pola súa banda, o balance de situación (deferencia entre respostas favorables e desfavorables respecto ao trimestre finalizado) subiu 3,1 puntos. Así, un 19,3% dos establecementos empresariais teñen unha opinión favorable, un 64,5% normal e un 16,2% desfavorable.

TOTAL DE ESPAÑA

O Indicador de Confianza Empresarial Harmonizado (ICEA), cuxa publicación corresponde ao Instituto Nacional de Estatística (INE), caeu un 2,9% no cuarto trimestre deste ano en relación ao trimestre anterior.

Este retroceso da confianza é o máis pronunciado en calquera trimestre desde 2013, cando o INE empezou a elaborar este indicador. O descenso da confianza empresarial rexistrado entre outubro e decembro débese ao empeoramento tanto do indicador de situación actual como o de expectativas.

En concreto, en España o balance de expectativas situouse en -2,7 puntos, fronte ao avance de 4,7 puntos rexistrado no trimestre anterior.

Isto débese a que a porcentaxe de establecementos empresariais que pensan que a marcha do seu negocio será desfavorable entre outubro e decembro deste ano situouse no 19,4%, cifra superior á do trimestre anterior (16,7%).

Ao mesmo tempo, a porcentaxe de empresarios que opinan que o seu negocio marchará de maneira normal aumentou ata o 63,9%, mentres que os empresarios que se mostran optimistas sobre a evolución do seu negocio reducíronse desde o 21,4% do trimestre anterior ao 16,7%.

Evolución do número de empresas creadas en Galicia.. EPDATA
Evolución do número de empresas creadas en Galicia.. EPDATA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta