Feijóo explica a súa política lingüística en Intereconomía

O presidente da Xunta acudiu ao programa "12 mujeres sin piedad" da cadena estatal Intereconomía. O mandatario foi criticado por supostamente non dar dereitos de abondo aos castelán falantes e acabou defendendo o galego como vehículo para entenderse coa lusofonía.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 30/05/2012 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 Lovelle

ten razón Feijóo. O que ten que facer agora a RAG é cambiar a norma e introducir a nh e a lh en vez da ñ e da ll. E tamén mellorar o acento falado, facelo menos pijo e máis galego. Así xa teremos un galego que poida ser considerado como lingua de seu, e que valla para comunicarnos con 200 millóns de persoas. Sin deixar de ser galego, pero que non sexa castelán tanpouco

5 José

Sen entrar en polémicas eu o que non entendo é porque nestas alturas AINDA non se poden ver as televisións portugesas en aberto pola TDT e porque non se estuda portugués (como segunda língua ou integrado dentro do currículo de galego) nas escolas. Con estas duas simples e económicas medidas. Casos como o desa rapaza de Ferrol non se darían.

4 O Príncipe dos Mouros

Hahaha. Xa se subiron ao carro os reintegratas. Eu estou PLENAMENTE de acordo con Feijóo. Pero que ten que ver isto co reintegracionismo e os seus postulados? xD Nihilismo de 900 anos de desenvolvemento natural da lingua, estandarización de trazos dialectais ideoloxicamente escollidos á marxe da norma natural do idioma, finxir un acento patético e ridículo para "asegurarche" que os brasileiros che entendan (non fai falta. Enténdenche perfectamente sen o "sotaquezinho" estraño), fetichismo ortográfico, etc. Lingüística-ficción e historia-ficción. Isto non ten nada que ver con iso. Isto só ten que ver con que os galegos somos conscientes de que a nosa lingua non é unha lingua illada; ten unha familia, e a pesar dos pequenos trazos que singularizan o galego, dá para falalo con toda esa xente; pero sen mexar fóra, que é o que fan os reintegratas. Tamén o español e o sefardí son perceptiblemente distintos e a intelixibilidade mutua é moi alta. Bah, reintegratas...

1 Akribéstaton

O que tu chamas "galego" é um Frankenstein. E tu parece que estás consumando a tua metamorfose em ruminante(de exorrominante, caberia falar): e ainda encontras sabor nesses batidos estereótipos? Imos ver: quem é o "fetichista ortográfico", aquele que aplica critérios que-se-podem-enunciar-e-comprovar, critérios que fazem referência à potência do idioma, tanto no interno como no externo, e que aprende a renunciar aos costumes que conduzem ao apagamento definitivo, ou aquele que se empenha em assimilar seu pretenso idioma àquele que o está a aniquilar simplesmente porque a isso está costumado? Homem, talvez entre tuas extravagâncias contes a do fetichismo... rectamente entendido...

2 O Príncipe dos Mouros

Cambiar a norma dun idioma non depende da¨túa vontade individual. A labor dun lingüista é simplemente describir, asepticamente, a norma do idioma, como ese organismo vai cambiando e se vai configurando. A ninguén se lle pide a súa opinión ou se lle apetece modificalo e todos eses postulados vosos. Procura manter unha actitude positiva cara calquera modalidade lingüística coa que deas, sexa esta un Frankenstein ou non. O mundo está cheo de Frankensteins lingüísticos, e sobretodo a Lusofonía. E non vos apoderedes das palabras de Feijóo. O que pensa Feijóo pensámolo todos e non somos lusistas.

3 Akribéstaton

Generalidades vazias que podem dizer qualquer cousa. Muito galega a tua aversão a precisar aquilo do que se fala. E quem mencionou ao Feijó? Achas que vou perder um segundo em olhar um vídeo de Feijó falando da língua? Achas que alguém pode acreditar no Feijó virando reintegracionista, e aparecendo como tal? Em que liortas entretens o teu prazo de vida!

3 xan soares

o incríble e ver como un presidente autonómico tense que xustificar diante da "nobreza" espanhola por defender minimamente a língua do seu país. A rapaza galega que lle pregunta é que non entende o portugués debe ser unha das vítimas do excelente sistema educativo que temos en galego. De verdade que fai dano escoitar a xente tan friki e inculta loitando en contra da súa propia cultura. A delegación do goberno de espanha en Galicia, antes chamada Xunta de Galicia, non pode permitir que lle pidan contas por defender o galgo en Madrid.

1 diaD

É certo. Da a sensación que un pobo milenario coma o galego ten que ir xustificar alí a sua propia existencia ou ir a amansar aos patrioteros do ombligo peninsular. Case a pedir permiso. É triste que unha galega, polo plato de lentellas, supoño, se volte así contra a súa terra.A solución pasou e pasará por unha república federal nos EEUU europeos. Tarde ou temprano pasaremos de moda.

2 Martiño de Dumio

ben por Feijoo!!!.O galego , lingoa dos meus avós, é in -to -ca - ble na miña Terra e se os meseteños lles proe que se j...Se estudiaran un pouquiño de hestoria, aínda que fose en castelán, descubrirían que a historia común de Galicia e do seu porto (Portugal) so se rompeu interesadamente dende fora.Ou sábeno e disimulan...