Xulgan unha parella que tivo relacións sexuais ante a filla menor dun deles, da que abusaron

Os feitos son para o Ministerio Público constitutivos dun delito continuado de abusos sexuais e dun delito continuado de exhibicionismo e provocación sexual, polo que pide para cada un seis anos e medio de prisión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2019 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago acollerá o vindeiro mércores e xoves o xuízo contra unha parella de Ribeira (A Coruña) acusados de manter relacións sexuais ante a filla menor da muller, á que obrigaban a ver películas pornográficas e da que tamén abusaban. No seu escrito de acusación, ao que tivo acceso Europa Press, Fiscalía pide para ambos unha pena de prisión de seis anos e medio. A vista celebrarase a porta pechada.

Segundo explica o fiscal, os acusados levaron a vivir con eles á filla menor dun deles durante un ano, un período durante o cal ambos obrigaban "habitualmente" á nena a "visionar películas de contido pornográfico". Do mesmo xeito, apunta, chegaron "a manter relacións sexuais na súa presenza" e realizaron "tocamentos" á nena.

"Dáse a circunstancia de que, nesa época, e tras escolarizar os acusados á nena nun novo colexio, xa desde os inicios do curso escolar, esta comezou a mostrar un comportamento sexual explícito en clase, impropio da súa idade", recolle o escrito.

Preventivamente atribuíuse a custodia da menor a un familiar e privouse dela á súa nai, mentres que se establecía unha orde de afastamento de ambos.

Os feitos son para o Ministerio Público constitutivos dun delito continuado de abusos sexuais e dun delito continuado de exhibicionismo e provocación sexual, polo que pide para cada un seis anos e medio de prisión. A maiores, reclama que ambos permanezan afastados da nena durante 10 anos e que a indemnicen con 6.000 euros por danos morais.

Audiencia Provincial da Coruña.
Audiencia Provincial da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta