A provincia de Pontevedra terá 250 puntos vacinación contra a gripe na campaña que empeza o luns

As doses administraranse en hospitais, centros de saúde e consultorios, ou residencias

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 11/10/2019 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A campaña de vacinación contra a gripe, que a consellería de Sanidade pon en marcha o vindeiro luns (e que dura ata o 27 de decembro) contempla 250 puntos de vacinación na provincia de Pontevedra, entre centros de saúde, consultorios, hospitais, residencias, unidades asistenciais, etc., segundo trasladaron este venres fontes do Sergas.

Este ano adquiríronse 615.000 dose desta vacina (7.000 máis que na campaña do ano pasado), cun orzamento de case 3,5 millóns de euros (un 59 % máis) e Galicia será a primeira autonomía en administrar nesta campaña unha vacina tetracelular a persoas de 15 a 64 anos de idade con factores de risco.

Así, neste 2019 administraranse tres tipos de vacinas: a tetravalente de cultivo en ovo (que pode ser utilizada en poboación infantil con patoloxía de base); a tetravalente de cultivo celular (para persoas de risco de entre 15 e 64 anos, e para embarazadas); e a trivalente adxuvada (para persoas de 65 anos ou máis, que son o sector de máis risco de complicacións).

A vacina ofrecerase aos maiores de 60 anos da provincia, residentes en institucións de calquera idade, a mulleres embarazadas, nenos e adolescentes con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico e, como novidade, a bebés de 6 meses que teñan nacido nado prematuros, así como persoas con trastornos de coagulación.

Tamén se ofrecerá a vacina a persoas con factores de risco que as predispoñen a complicacións derivadas da gripe, e a aquelas persoas que poden transmitir o virus (como traballadores sanitarios) ou desenvolven "servizos esenciais para a comunidade".

A xefa territorial de Sanidade en Pontevedra, Anxos Feijóo; o secretario territorial da Xunta en Vigo, Alfonso Rubio; e a subdirectora de procesos de Enfermaría da EOXI de Vigo, Mar da Pena
A xefa territorial de Sanidade en Pontevedra, Anxos Feijóo; o secretario territorial da Xunta en Vigo, Alfonso Rubio; e a subdirectora de procesos de Enfermaría da EOXI de Vigo, Mar da Pena | Fonte: Xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta