Feijóo non celebra a exhumación do ditador Franco

Rexeita dedicarse a comentar "a ditadura que España superou hai 40 anos". E di: "Cando uno non ten un proxecto de futuro, refúxiase no pasado"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/10/2019 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou, sobre os pasos dados polo Goberno central para a exhumación do ditador golpista Francisco Franco, que "cando un non ten un proxecto de futuro refúxiase no pasado", en referencia ao PSOE.

Unha axente da Garda Civil pecha a porta de entrada ao Val dos Caídos. A basílica péchase horas despois do anuncio por parte do Goberno de que os restos do ditador Francisco Franco sairán do Val dos Caídos antes do 25 de outubro
Unha axente da Garda Civil pecha a porta de entrada ao Val dos Caídos. A basílica péchase horas despois do anuncio por parte do Goberno de que os restos do ditador Francisco Franco sairán do Val dos Caídos antes do 25 de outubro | Fonte: Europa Press

Feijóo rexeitou dedicarse a comentar "a ditadura que España superou hai 40 anos". "A min o que me preocupa non son os últimos 80 anos, se non os próximos 80 meses", engadiu.

Ademais, instou a non perder "o horizonte". "O horizonte é que podemos facer en España a partir de agora e empezar a darlle voltas á ditadura franquista non forma parte das prioridades, entendo, que nin da maioría dos cidadáns nin do PP".

Na mesma liña, insistiu que a súa prioridade tampouco pasa por "comentar" a ditadura. Fronte a iso, reivindicou a transición política en España, convencido de que se pecharon tamén "feridas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 XoséMS

Mentras nas cunetas permanezan os corpos dos asasinados polos fascistas non poderemos dicir que as feridas están pechadas