Un incendio provocado por un curtocircuíto obriga a trasladar a dúas traballadoras dun restaurante no Grove

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2019 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Un incendio declarado no baño do restaurante dun hotel do Grove (Pontevedra) obrigou a trasladar a un centro hospitalario a dúas traballadoras do establecemento que resultaron afectadas pola inhalación de fume.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o lume iniciouse pasadas as 23,00 horas do venres por un fallo eléctrico no baño do establecemento hostaleiro, ao que se desprazaron os efectivos dos bombeiros do Salnés, o GES de Sanxenxo e Protección Civil do Grove.

Tras ser desaloxado o local, dúas traballadoras afectadas pola inhalación de fume foron trasladas por Urxencias Sanitarias 061 a un centro hospitalario. Unha vez apagadas as chamas, os efectivos de emerxencias procederon a ventilar o local e constataron que a orixe do lume procedía dun curtocircuíto.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta