A primeira gran fronte fría do outono deixará ata 40 litros por m2 na Coruña, Ourense e Pontevedra

Comezará ao redor das 3,00 da madrugada na costa oeste da Coruña e irase desprazando cara ao leste ao longo do día.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2019 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

Meteogalicia activou para este domingo o aviso amarelo pola fronte fría que entrará polo oeste en Galicia e que deixará choivas intensas ao longo da xornada. En concreto, a alerta estenderase a partir de madrugada desde o litoral oeste da provincia da Coruña ata case todo o territorio de Ourense e Pontevedra.

Segundo a información da web de Meteogalicia, esta situación, debida a unha borrasca que se situará sobre Irlanda, deixará abundantes precipitacións que darán lugar a acumulacións de máis de 40 litros por metro cadrado.

En concreto, o aviso amarelo comezará ao redor das 3,00 da madrugada na costa oeste da Coruña e irase desprazando cara ao leste ao longo do día. Deste xeito, a partir das 21,00 e ata as primeiras horas do luns, a alerta xa só quedará activada na montaña ourensá.

Este será a primeira fronte fría do outono na Comunidade galega, que deixará choivas xeneralizadas en toda o territorio, aínda que máis abundantes no sur, e temperaturas máximas por baixo dos 20 graos na maioría de puntos. Tras un sábado cun tempo de transición, os primeiros ventos intensos e choivas abundantes entrarán polo oeste xa na madrugada e na mañá do domingo.

A afectación desta fronte bastante intensa podería estenderse á xornada do luns, que terá características similares, aínda que as choivas minorarán co paso das horas. Esta primeira fronte fría dará paso ao tempo de outono en Galicia.

Aviso amarelo de Meteogalicia para o domingo 13 de outubro de 2019
Aviso amarelo de Meteogalicia para o domingo 13 de outubro de 2019 | Fonte: METEOGALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta