Tensión entre varias familias de étnia xitana tras unha liorta con varios feridos en Santiago

Varias persoas foron identificadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2019 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

A Policía Nacional da Comisaría de Santiago investiga a varias persoas que foron identificadas tras a liorta entre dúas familias de etnia xitana en Santiago de Compostela o xoves pasado, que se saldou con tres persoas feridas.

Así o informaron a Europa Press fontes policiais, que destacaron que as pescudas continúan, e o atestado mantense aberto, coa toma de declaracións co fin de determinar "o grao de participación" de varias persoas identificadas por eses feitos.

Á primeira hora da tarde do pasado xoves día 10 produciuse un enfrontamento entre dúas familias xitanas no barrio compostelán de Vite, que terminou cun atropelo con tres persoas feridas.

Ao lugar o 061 desprazou dúas ambulancias, unha medicalizada e outra asistencial, que trasladaron, respectivamente, ao Hospital Clínico a un home, M.A.C.J., de 52 anos, e á muller M.D.V.M., de 52 anos. Ademais, unha terceira persoa foi atendida tamén por este altercado no centro hospitalario.

Dous dos feridos neste altercado, cuxo estado non revestía gravidade, recibiron o alta hospitalaria na tarde do mesmo xoves no Hospital Clínico de Santiago.

FEITOS

Na tarde do pasado xoves a Policía Nacional da Comisaría de Santiago realizou un amplo despregamento tanto na zona de Vite onde sucederon os feitos, como no Hospital Clínico, para evitar enfrontamentos entre as dúas familias, xa que se concentrou un gran número de persoas de ambas.

A Policía Xudicial da Policía Nacional investiga os feitos para esclarecer o motivo da liorta, pero fontes policiais destacaron que os indicios apuntan á "ocupación dunha vivenda".

Policía Local
Policía Local | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta