500 euros a quen dea información sobre a persoa que tirou a un gato desde un balcón en Ourense

A Asociación Animalista Libera ofrece a recompensa.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/10/2019 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera ofreceu unha recompensa de 500 euros para quen dea información veraz sobre a persoa que arroxou durante a madrugada do domingo un gato dentro dun tranportín na rúa Cabeza de Manzaneda de Ourense.

Gato
Gato | Fonte: Europa Press

Tal e como lembra a asociación, esta conduta pode ser sancionada con ata 30.000 euros no caso de que o animal faleza polas feridas e con ata 5.000 euros por malos tratos sen resultado de morte.

A maiores, "un maltratador sancionado de forma efectiva por un expediente" tamén pode ser castigado "coa inhabilitación para a tenencia de animais por un máximo de 10 anos en función da gravidade da súa acción". Con todo, lamentan, non existe un rexistro autonómico que impida a estas persoas adquirir ou adoptar un novo animal.

Libera resaltou que "a impunidade coa que teñen lugar actos de crueldade cara aos animais" fai que "se repitan cada vez con máis asiduidade", polo que pediu a "máxima implicación de todas as administracións públicas", subliñando "a necesidade de establecer campañas de prevención e concienciación sobre a violencia e o bo trato aos animais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Col Iflor

espero que lo pesquen y le sancionen con 30 mil eurazos