Suspendidas as clases en dous institutos para reparar danos causados por inundacións

Os centros afectados son o Instituto Monelos na Coruña e o IES de Arzúa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2019 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

O Instituto Monelos na Coruña e o IES do municipio coruñés de Arzúa suspenderon este luns as clases para poder reparar os danos causados nas instalacións por inundacións debidas ás choivas das últimas horas.

Temporal en Galicia
Temporal en Galicia | Fonte: Miguel Núñez.

Fontes da Consellería de Educación apuntaron que as clases foron suspendidas nestes dous centros porque teñen que realizar obras para tapar os danos causados pola auga.

Ata os centros educativos afectados pola entrada de auga trasladouse persoal da Unidade Técnica, entre outro, da Consellería de Educación.

As choivas deixaron desde este domingo importantes cantidades de auga acumulada en localidades galegas debido ao paso dunha borrasca por Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta