Case medio millón de euros para Ferrol dentro dun programa europeo para recuperación do patrimonio histórico

O proxecto investirá 100.000 na adaptación da torre da batería baixa, do século XIX, do Castelo de San Felipe, nun espazo expositivo da historia da fortaleza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2019 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

Un proxecto europeo para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo, militar e industrial da zona costeira do Atlántico achegará mais de 416.000 euros a Ferrol, para poder desenvolver varias propostas no ámbito histórico e turístico.

Trátase dunha proposta incluída no programa europeo Interreg e onde Ferrol lidera esta iniciativa con outro oito cidades: Cádiz, Ílhavo en Portugal, Plymouth e Liverpool en Inglaterra, Limerick e Cork en Irlanda e Caen e A Rochelle en Francia.

Esta última localidade acolleu entre o 10 e 11 de outubro unha reunión do comité de dirección desta iniciativa, onde se desprazaron as edís de Patrimonio Histórico e Turismo, Eva Martínez e Maite Deus. O proxecto ten un orzamento global de 3.288.099 euros e a súa duración é desde xullo de 2017 ata xuño de 2020, aínda que todo fai indicar que haberá unha prorroga de seis meses.

INVESTIMENTO

No ámbito de Patrimonio Histórico, Martínez destacou que grazas a estes fondos xa se fixo inventario dos 54 bens patrimoniais de Ferrol, "desde o Arsenal Militar, o Castelo de San Felipe, as baterías de costa, o Camiño Inglés ata os barrios da Magdalena ou a vila da Graña".

A edil socialista destacou que se está redactando un plan director que recolla nun libro branco "as boas prácticas de recuperación e novos usos destes bens patrimoniais, sobre todo aqueles que se atopan nun estado de desuso ou abandono".

Así, detallou que o proxecto "investirá 100.000 na adaptación da torre da batería baixa, do século XIX, do Castelo de San Felipe, nun espazo expositivo da historia da fortaleza". Tamén se destinarán 60.000 euros á recuperación virtual das baterías de costa e uns 20.000 euros ao desenvolvemento de intervencións culturais para a valorización do patrimonio, que incluirá actuacións musicais e certames pictóricos".

TURISMO

No ámbito do turismo, Deus trasladou que o obxectivo perseguido é "crear un produto turístico conxunto" dos integrantes no proxecto, polo que unha das accións será a gravación dun vídeo promocional do nove cidades e a creación dunha marca.

A edil ferrolá trasladou en rolda de prensa que "nos próximos días estará dispoñible na web do Concello de Ferrol a páxina que recollerá todas as actividades culturais das cidades integrantes", ademais de adiantar que "Ferrol estará presente na Feira Internacional de Turismo 2020, en Fitur, en Madrid, con esta proposta, o que permitirá xerar contactos e sinerxías que publiciten o proxecto".

As edís Maite Deus e Eva Martínez na rolda de prensa
As edís Maite Deus e Eva Martínez na rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta