Uns 25 centros educativos da provincia de Pontevedra participarán nun programa de emprendemento da Deputación

'DepoEmprende' ten como obxectivo fomentar o emprendemento "como un dos factores clave nunha economía do coñecemento".

Por E.P. | PONTEVEDRA | 14/10/2019 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra publicou a lista definitiva de 25 centros educativos de 15 concellos da provincia que participarán nos programas 'DepoEmprende' para o curso 2019/20.

DepoEmprende
DepoEmprende | Fonte: Deputación de Pontevedra.

Segundo informa o goberno provincial, 'DepoEmprende na Escola', 'DepoEmprende na ESO' e 'DepoEmprende na FP' teñen como obxectivo fomentar o emprendemento "como un dos factores clave nunha economía do coñecemento" e "eliminar as barreiras que dificultan a transformación das ideas" en "proxectos concretos".

Así, 'DepoEmprende na Escola' chegará a alumnos de 5º e 6º de Educación primaria de dez colexios de oito concellos --Pontevedra, Cambados, Tui, Tomiño, Porriño, Vilagarcía, Baiona e Gondomar--. A iniciativa consistirá en xestionar unha cooperativa para fabricar produtos que posteriormente serán vendidos nun mercado da localidade.

En canto a 'DepoEmprende na ESO', está destinado aos alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria, que estuden preferentemente materias relacionadas co emprendemento, en oito centros de oito municipios --Bueu, Moaña, Cangas, Pontevedra, Redondela, Tui, A Estrada e Gondomar--.

Por último, en 'DepoEmprende na FP' participarán os estudantes desta modalidade de dez centros de sete concellos --Vigo, Pontevedra, Tui, As Neves, Bueu, Cangas e Gondomar--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta