O engano das bandeiras

Agora que se ditou un sentenza inxusta da "xustiza" española contra os políticos cataláns, presos inxustamente de forma preventiva desde hai máis tempo do que nunca deberon estar, é hora de actuar con responsabilidade é, por unha banda deixar de buscar a unilateralidade dos feitos, e polo outro atopar unha solución política e dialogada ao conflito, onde ambas as partes haberán de ceder.

Por Carlos González Armada | O Porriño | 15/10/2019

Comparte esta noticia
Envolverse nunha bandeira para  azuzar ás masas contra quen pensa diferente non é unha boa opcion. O  patetico de  VOX é que a súa única proposta  politica sexa envolverse na bandeira e gritar "viva España", o patético de cidadáns e PP foi agarrarse a esa mesma táctica.
 
Na mesma liña poderiamos falar dunha cidade "de moda", Vigo...a súa miseria é que pasou de ser a número 1 en renda per capita de Galicia a ser a número 5, e que a industria e o comercio local vanse ao garete envoltos, precisamente, na bandeira de Vigo.
 
Pero se todo isto é patetico e miserable, o é aínda mais que algúns que se din de esquerdas non teñan ningunha proposta fóra da envoltura da bandeira, e todo o seu discurso sexa "España nos roba, Cataluña nos roba, Santiago nos roba", cando a actual situación de transición enerxética é unha auténtica oportunidade para un estado como España, ou unha nación como Galicia.
 
Eu defendo o dereito de autodeterminación, pero antes defendo o dereito dos meus fillos, dos nosos fillos, a ter un planeta onde vivir. 
 
Eu defendo o dereito para decidir pero antes defendo o dereito de todos a ter unha vivenda e un salario digno, dunha sanidade pública digna e de calidade, ou dunha educacion publica que nos poña á vangarda de Europa.
 
@s que só se envolven na bandeira ou só lles importan os dereitos territoriais, aínda por encima dos dereitos humanos, son persoas con baixa calidade de empatía polos que teñen máis necesidades, mesmo se podería chegar a dicir que dunha baixa calidade ética, e sen dúbida dunha nula calidade política.
 
Eu defendo que España debe de ter un funcionamento e estrutura confederal, como Suíza, pero non por encima de todo e de todos. 
 
Defendo que unha España confederal terminaría co conflito catalán, abrir unha terceira vía de solución mediante o diálogo, outr@s só buscan o enfrontamento cos nacionalistas españois, (aínda peores que os radicais rexionalistas), porque non teñen ningún outro argumento político, nin capacidade para atopalo.
 
Din que os extremos se tocan, pode, a cuestión é que son tan sectarios e incapaces os que insultan por unha bandeira como os que o fan pola outra, son igual de ignorantes e igual de patéticos.
 
Facer política é ceder das túas ideas e ideais o xusto e necesario para conseguir o ben común sen ter que renunciar á maior parte daquelas ideas e ideais que che fixeron entrar en política 

Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán
Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán | Fonte: Alberto Quian.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos González Armada Perito Xudicial, (Inxeñeiro e Criminologo), Coordinador Autonómico de XUNTOS (Máis Galicia), Voceiro municipal de Xuntos Porriño, (Máis Porriño).