Chandebrito... Dous anos despois da traxedia

Hai xusto dous anos, Chandebrito era un inferno. Un inferno de lume, fume e terror, como en boa parte de Galicia, especialmente o sur de Pontevedra, que ardía polos catro recunchos. Pasaron xa 24 meses e os veciños desa pequena parroquia chantada nos montes de Nigrán non esquecen. Alí moreron as dúas primeiras vítimas dunha vaga de lumes que calcinou case 60.000 hectáreas en cinco días na que tamén perderon a vida outras dúas persoas.

Por Galicia Confidencial | Chandebrito | 15/10/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia