Máis de 200 expertos danse cita para analizar os avances na atención a lesionados medulares

O perfil dos pacientes e a causa das lesións cambia, son persoas de avanzade idade que viven no rural e que sufriron caídas.

Por E.P. | A CORUÑA | 15/10/2019 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Máis de 200 expertos danse cita desde este mércores, día 16 de outubro, ata o venres, día 18, no Palexco da Coruña para analizar os últimos avances científicos e asistenciais no tratamento de persoas con lesión medular.

Os especialistas nesta materia participan no Congreso Paraplexia 2019 que, segundo informa o Compelo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), conta con dous programas diferenciados.

Por unha banda, terán lugar as XXXVI Xornadas Nacionais da Sociedade Española de Paraplejia (SEP) que reúne ao colectivo médico. Por outra banda, e paralelamente a este congreso médico, terá lugar a XXV edición do Simposio da Asociación Española de Enfermaría Especializada en Lesión Medular.

O xerente do Chuac, Luís Verde Remeseiro; o presidente do comité organizador do Congreso e xefe de servizo de Lesionados Medulares do Chuac, Antonio Rodríguez Sotillo; a supervisora do servizo, Beatriz Saavedra; e o médico rehabilitador, Antonio Montoto, presentaron este martes o congreso.

MÁIS CAÍDAS, MENOS ACCIDENTES

O perfil de paciente afectado por unha lesión medular cambiou nos últimos tempos en Galicia. As novas medidas adoptadas en seguridade viaria conseguiron que diminuíse o número de accidentes de tráfico e isto viuse reflectido nun descenso considerable do número de pacientes afectados por problemas medulares.

Na actualidade, "hai preto de 65 casos de lesións traumáticas cada ano, mentres que hai 20 anos eran 100". Así, nos últimos 20 anos houbo "unha diminución do 1,4% cada ano". Unha baixada que principalmente se achaca á redución no número de accidentes de tráfico.

Segundo estes expertos, os accidentes de trafico "deixaron de ser a primeira causa" das lesións medulares, deixando este primeiro punto a aquelas "caídas causales habitualmente no medio rural ou domicilio".

UN PERFIL DE AVANZADA IDADE

Na actualidade, a metade dos pacientes atendidos no Chuac son persoas de avanzada idade que viven na contorna rural e que sufriron caídas de tellados ou árbores.

No ano 2018, na Unidade de Lesionados Medulares do Chuac, que dirixe o doutor Rodríguez Sotillo, atendéronse a 126 pacientes, dos que o 80% foron por accidentes traumáticos, e deles, a metade, persoas de avanzada idade do medio rural.

"Pasamos de ter pacientes cunha de idade media de 46 a 56 anos", dixo Antonio Montoto, quen destaca que no hospital teñen varios lesionados medulares de máis de 80 anos de idade.

Por este motivo, o cambio no tipo de paciente, a ética da asistencia ou a calidade de vida que teñen os pacientes e o persoal das diferentes unidades hospitalarias, entre elas, a propia Unidade de Lesionados Medulares ou a UCI, serán algúns dos temas a tratar ao longo deste Congreso organizado pola Unidade de Lesionados Medulares do Chuac.

Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas
Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta