Investigan un home en Touro por un pequeno incendio por queimar restos forestais

Por este motivo, os axentes remitiron as dilixencias ao xulgado de garda do concello coruñés de Arzúa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2019 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica investiga a un home como presunto autor dun incendio rexistrado o pasado 10 de outubro no lugar de Loxo, en Touro (A Coruña), que afectou a unha superficie rasa de 0,067 hectáreas.

Diso informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, no que explica que as chamas se orixinaron cando o investigado queimaba restos forestais amontoados.

Por este motivo, os axentes remitiron as dilixencias ao xulgado de garda do concello coruñés de Arzúa.

O departamento autonómico lembrou que, no que vai de ano, un total de 73 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta