A USC crea unha senda segura para evitar agresións machistas no campus sur de Santiago

Mellorarese a iluminación e limparanse varios camiños que conectan facultades e residentes e que agora están en mal estado de conservación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/10/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A USC porá en marcha unha senda segura entre distintas facultades e organismos do Campus Sur para evitar posibles agresións machistas. A iniciativa foi  impulsada pola Candidatura Unitaria Estudantil (CUE) tras varios anos de reivindicacións.

Unha das zonas do Campus Sur da USC onde se instalará unha 'senda segura'
Unha das zonas do Campus Sur da USC onde se instalará unha 'senda segura' | Fonte: USC

O obxectivo é "aumentar a seguridade" en zonas, ata agora semiabandonadas, e polas que transitan estudantes ao saír de clase polas noites para volver ás residencias universitarias aos seus domicilios.  Esta senda segura terá unha mellor sinalización, e contará con farolas novas e de maior iluminación. Tamén se limpará a maleza, así como as gallas de árbores que a poidan tapar. 

 

A CUE, a candidatura maioritaria na representación do estudantado no Claustro da USC, celebrou, nun comunicado, a aprobación por parte da universidade da creación desta senda degura no campus Sur, que conectará as residencias universitarias coas principais facultades, a biblioteca Concepción Arenal e o resto da cidade.

"Esta demanda do movemento estudantil xurdiu da inseguridade que transmite ao estudantado, particularmente as mulleres, o estado no que se atopan as rúas do campus sur,

froito do abandono e unha iluminación insuficiente", apunta nun comunicado a CUE. De feito, esta reclamación foi recollida en distintas asembleas abertas de estudantes, así coma a iniciativa Campus do Medo e o sindicato estudantil ANEGA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta