Dúas enquisas aproximan o PP ao PSOE e non lle dan representación a Más País e BNG en Galicia

As dúas mostras demoscópicas apuntan a un gran avance dos populares e unha espectacular caída de Ciudadanos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/10/2019 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

As eleccións do 10N poderían supoñer a consolidación do liderato de Pablo Casado ao fronte do PP e unha derrota das teses dos estrategas do PSOE que apostaron pola repetición electoral. Dúas enquisas publicadas en menos dun día destaca un gran avance do PP que se acercaría aos cen escanos e un estancamento, e mesmo retroceso do PSOE. Ningunha delas lle dá representación a Más País e ao BNG en Galicia.

Enquisa electoral do 10N do xornal Público
Enquisa electoral do 10N do xornal Público

Así, unha sondaxe de Celeste-tel para eldiario.es achegaría ao PP ao cento de escanos e situaríase a cinco puntos do PSOE. Só 15 escanos separarían agora á primeira e segunda forza en apoios. Pola outra banda, a de Key Data para o xornal Público, suliña que os populares quedarían en 95 escanos, a pouco máis de 20 dos socialistas.

Con todo, o dato máis significativo dos dous inquéritos é o esborralle de Ciudadanos que baixaría 30 escanos, de 57 a 27, en parte pola política errática do seu líder, Albert Rivera nos últimos meses. A sondaxe tamén destaca que o partido de Errejón non sería fundamental no futuro Congreso xa que entraría só con 7 escanos.

Tamén sufriría un retroceso Unidas Podemos, que perdería entre sete (enquisa de eldiario.es) e nove escanos (a de Público), aínda que menor do que se pronosticaba. Pola súa banda,  Vox obtería catro escanos máis (segundo Público) ou catro menos (segundo El Diario). 

 

Por outra banda, ERC  Junts per Catalunya e o PNV obterían os mesmos resultados; 15, 7 e 6 escanos, respectivamente. EH Bildu baixaría de 4 a 3 ou mantería os mesmos, Coalición Canaria repetiría os dous que xa ten e o Partido Rexionalista de Cantabria, igual que a CUT, obterían entre 1 e 0 escanos.

 

En calquera caso, o que apuntan estas sondaxes é que o novo hemiciclo parlamentario quedaría aínda máis fragmentado e dividido entre os dous bloques que o actual  complicando excesivamente o xogo de alianzas que necesitaría Sánchez para manterse na Moncloa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Neanderthal

O momento e crucial para o pais

2 Sentidiño

A de Público non especifica a qué partidos corresponden os 4 escanos de "outros+brancos" (máis dun millón de votos). Un deles, imaxino, ao PRC.

1 Orduño

Seguro que un deses 4 é para o BnG-CxG. Seguídevos agarrando a ese cravo ardendo coa esperanza ilusa de manter os chiringuitos.

2 Pitufo Jruñon

Pois PRC, +NA e CC Outra vez será

3 Sentidiño

Eu non tomo partido, só aclaro que a enquisa non di a quen van eses 4 que asigna a "outros". E non, Pitufo, non van a CC, porque si que atribúe 2 escanos aos 111.000 votos de Coalición Canaria.

1 Bernal Calvo Delaciga

Parece que o BNG só acada representación nas enquisas cociñadas por La Voz, por que será? http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 O Neno Da Capelada

Unhas entradas para ver a ver a "El Fandi" fan milagros

2 acab

Iso non é siertoverdá https://electomania.es/ep17o/