Santiago Rey, presidente de La Voz: “Precisamos un Gobierno y una mayoría. Una mayoría y altura de miras”

O dono do principal xornal galego critica duramente o independentismo catalán fronte o que contrapón o carácter de “convivencia” que os galegos “le ofrecen cada día al Reino de España”. No seu discurso estiveron presentes os líderes do PPdeG, PSdeG e BNG, así como os principais alcaldes, grandes empresarios e altos mandos das forzas de seguridade do estado.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/10/2019 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

Un ano máis a entrega do premio Fernández Latorre –o gran evento do xornal La Voz de Galicia que este ano premiu ao historiador Xusto Beramendi-- volveu a xuntar aos principais dirixentes de PSdeG, PPdeG e BNG. Uns dirixentes que volveron coincidir tras asistir hai uns días tamén a un evento semellante, “El Gallego del Año”, organizado por outro xornal, o compostelán El Correo Gallego.

Santiago Rey nos premios Fernández Latorre do Grupo Voz
Santiago Rey nos premios Fernández Latorre do Grupo Voz | Fonte: La Voz

Alberto Núñez Feijóo, Gonzalo Caballero e Ana Pontón escoitaron atentos un discurso no que o presidente do Grupo Voz, Santiago Rey, atacou duramente o independentismo e pediu un goberno de maiorías para as vindeiras eleccións do 10N. Un goberno de maiorías que algúns interpretaron como unha volta ao bipartidismo anterior entre PP e PSOE e que, no caso galego, traduciriase nun tripartidismo entre PPdeG, PSdeG e BNG, os partidos que había antes da chegada de Podemos, En Marea, Ciudadanos, Vox e máis recentemente, Más País.

De feito, a este evento non asistiron os dirixentes ou principais voceiros de Podemos, EU e Anova e tampouco de En Marea. Non estaban nin Antón Gómez Reino, nin Yolanda Díaz ou Eva Solla, nin Antón Sánchez, nin Luís Villares. Estaban, como outros anos, Carmen Santos, agora próxima a Más País, e María Vilas, de Ciudadanos.

Tamén estaban todos os grandes alcaldes socialistas; o de Santiago, Vigo, Ferrol, A Coruña e Lugo e tamén Miguel Anxo Fernández Lores, do BNG, alcalde de Pontevedra. E tamén os presidentes da Deputación de Lugo e de Pontevedra, José Tomé e Carmela Silva. Un escenario moi diferente ao dos últimos catro anos nos que non asistiron os rexedores de Compostela, A Coruña e Ferrol, das mareas.

E nese marco de dirixentes políticos do sistema, e no que tamén estaban os principais empresarios de Inditex, Ence, Citröen ou Abanca e altos mandos da Policía e da Garda Civil, Santiago Rey contrapuxo a “convivencia” dos galegos dentro do Reino de España coa tolemia independentista catalana.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

GALICIA: "ESPERAR QUE EXIGIR"

“Digo que es el ejemplo más valioso porque Galicia tiene en su ADN la identidad más enraizada, la personalidad más acusada, el territorio y la lengua más definidores. Y también los problemas más agudos. Y sin embargo, siendo una comunidad histórica tan marcada, no utiliza nada de ello para la confrontación. Más veces de las que exigiría la prudencia ha preferido conciliar que reclamar, esperar que exigir, dar que acaparar. Nuestro carácter está hecho para la convivencia, y así lo ofrecemos cada día al Reino de España”, destacou.

“Y basta ver el insufrible desgaste a que nos somete el independentismo, esa corriente anacrónica que se ha convertido en un virus destructivo. Sabemos que por mucho que ataque a las instituciones de justicia de un país democrático no podrá manchar su imparcialidad ni sustraerse a su veredicto”, engadiu.

"GOBIERNO DE MAYORÍAS"

Por iso, reclamou un “gobierno de mayoría” no que moitos interpretaron como un pacto entre os dous partidos do bipartidismo, PP e PSOE. “Jamás conseguirá nada de lo que se propone, pero ya bastante tiene con desviar nuestra atención de los problemas reales. Para detener esa enfermedad también necesitamos pronto un Gobierno. Un Gobierno y una mayoría. Una mayoría y altura de miras”, dixo.

“Sobran en la política española los endiosados que se niegan no ya a pactar, sino tan siquiera a hablar. Sobran los asaltos a los cielos. Sobran los que imponen y los que ignoran la palabra consenso. Sobran los que se manchan con la corrupción. Sobran los que quieren retroceder a las cavernas y los que propugnan el odio y la desobediencia civil. Sobran los que no creen en la igualdad de los ciudadanos y de los territorios, ni quieren reconocer los mismos derechos y las mismas esperanzas a todos, vivan en el Noroeste o en Levante”, engadiu.

"CONCIENCIA CRÍTICA"

O presidente de La Voz lembrou a súa vinculación co xornalismo e reivindicou o papel do seu xornal como o da “conciencia crítica del poder”, a pesar da súa estreita vinculación durante a última década co PP e con Feijóo e as cuantiosas e millonarias axudas de diñeiro público que recibe.

“Nací encima de una rotativa y he hecho de mi profesión mi familia. He visto cómo se componían los titulares en las manos de los tipógrafos y trabajo hoy por servir a nuestra audiencia en Internet. Ha cambiado todo. Pero lo que no ha cambiado es nuestro título. Nuestra voz. Por eso asumimos ser siempre la conciencia crítica del poder. Es mi obligación y mi orgullo. Y es el amor incondicional a Galicia, tan egoísta como generoso, el que desencadena mis preocupaciones, innumerables en este tiempo en que la política se rige por el egoísmo y pierde a marchas forzadas la generosidad”, apuntou nun discurso no que volveu lembrar a necesidade de que se conclúa o AVE a Galicia. Todo seu discurso en La Voz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 Gamela

Penso que é hora de DENUNCIAR á Voz ante a Valedora do Pobo por impedir a difusión de noticias de interese xeral Hoxe aparece este titular en VIGO Y COMARCA El médico de cabecera cambiará para 53.000 personas en Vigo y su área. Descubre si te afecta. En 39 plazas habrá nuevos doctores de familia, entre los que se van por aprobar la oposición y los que ocuparán vacantes Cando pica no enlace mira o que sucede! https://www.lavozdegalicia.es/unaut... ESTO É UNHA VERGOÑA e un ROUBO !!!

7 Isolda

Pero qué demo pinta Ana Pontón niste akelarre feixista españolista de La Coz A Galicia??? Todos os anos o mesmo! :-(

1 Frecha

Pagar favores. Favores que foron moi útiles para manter a axencia de colocación chamada BNG e controlada pola UPG.

6 Xesus anxo

O lamecu da coroa , ocultador do fango e raices da mesma. antes de cada eleccion danos o seu discurso fachendoso.

5 Desfeita

Está claro quen manda aquí, e quen son os servos caladiños.

4 Multinick

Santiago Rey, azoute da esquerda rupturista, principal valedor do BNG.