Feijóo presenta os seus "mellores" orzamentos desde que está na Xunta para unha Galicia "fiable e solvente"

Serán 300 millóns máis que o pasado ano e superan a barreira dos 10.000 millóns de euros, aínda que están lonxe dos case 11.800 millóns do último ano do bipartito. O presidente galego anuncia varias rebaixas en impostos. O Xacobeo terá case 90 millóns, a maioría para publicidade e promoción, fronte aos 26,7 millóns do incremento de Mar, Medio Rural e Industria, os principais sectores económicos de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2019 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta presumiu este xoves dos orzamentos de Galicia para o 2010. "Serán máis e millores" dixo na rolda de prensa posterior ao Consello do seu goberno no que se aprobaron unhas contas que suman 10.149 millóns de euros, 300 máis que as de 2019.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Consello da Xunta. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Consello da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

Por iso, Alberto Núñez Feijóo repetiu ata en dúas ocasións que estas contas, que superan por primeira vez a barreira dos 10.000 millóns, servirán para "crear unha Galicia fiable e solvente". Un crecemento, dixo, que servirá para "sortear a desaceleración económica", investir "máis diñeiro en gasto social e na reducción de impostos" e para "crear máis emprego" e situar a taxa de paro no entorno do 10%.

"Son os orzamentos con máis recursos dos últimos dez anos, 300 milóns máis que o ano pasado e que supoñen un crecemento de case o 2%", dixo. Con todo, estes 10.149 millóns que están lonxe, aínda, do último orzamento do bipartito que estivo preto dos 11.800 millóns. 

GASTO SOCIAL

Tanto o presidente galego como o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, destacaron o carácter "enminentemente social" dos orzamentos e insistiron en que a maior parte deles son para "gastos sociais", é dicir, para Educación, Sanidade e Servizos Sociais. Estas áreas supoñen 7.401 euros do total e 248 millóns de euros dos 300 de incremento deste ano. Moitos destes cartos serán para pagar as partidas de gastos correntes da Xunta que ascenden a 8.197 euros e 1.700 para investimentos e transferencias de capital.

Así, Sanidade será, un ano máis o departamento que máis diñeiro consume, con 4.100 millóns de euros e despois Educación, con 2.465 millóns. As políticas sociais e do benestar recibirán, pola súa parte, 830 millóns, dos cales, 320 millóns irán axudas á dependencia. 

MÁIS XACOBEO E MENOS SECTOR PRIMARIO E SECUNDARIO

Nestas contas destacan os case 90 millóns que recibirá Cultura para impulsar o Xacobeo. Un diñeiro, que aínda que Feijóo suliñou que servirá para incentivar a creación de emprego, será para tarefas de sinalización, seguridade, promoción e difusión e programas en todas as cidades galegas. É dicir, a maior parte del será para propaganda e publicidade.

Fronte a estes 88 millóns, as partidas para Medio Rural só se incrementarán 16,7 millóns e as de Pesca e Industria, 5 millóns respectivamente. Polo tanto, os principais sectores económicos da comunidade so terán 26,7 millóns máis que o pasado ano, nun ano no que se aventuran novas crises económicas e inestabilidades laborais.

BAIXADA DE IMPOSTOS

Na presentación destas contas Feijóo dixo que se esgota o teito de gasto. Inicialmente estaba fixado en 10.160 millóns, pero o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, explicou que a caída dos 11 millóns restantes débese á inclusión das rebaixas fiscais.

Estas contas inclúen varias rebaixas fiscais, entre as que Feijóo destacou que se produce "practicamente" a eliminación do imposto de sucesións e doazóns, que a partir do 1 de xaneiro só pagará o "0,1%" dos galegos. Ademais, hai baixada de impostos sobre transmisións patrimoniais para compra de vivenda no rural, "no 94 por cento" de Galicia. Así, se baixa do 7% ao 5% a tributación na habitual, mentres que en segunda vivenda redúcese do 10% ao 6%.

No tocante ao IRPF, Galicia será a "primeira comunidade" cunha "dedución verde" de 1.500 euros para mellorar a eficiencia enerxética das vivendas. Tamén se inclúen deducións para cooperativas e sociedade laborais, así como para bolsas de deportistas de alto nivel.

HERDANZAS ENTRE FAMILIARES DIRECTOS

As herdanzas entre familiares directos de menos dun millón de euros quedarán exentas de impostos en Galicia, polo que o "99,9%" da poboación verase beneficiada. Diso informou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na presentación dos orzamentos para 2020, que soben un 3%, ata un total de 10.149 millóns, polo que se esgota o teito de gasto. Inicialmente estaba fixado en 10.160 millóns, pero o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, explicou que a caída dos 11 millóns restantes débese á inclusión das rebaixas fiscais.

Os orzamentos, que soben en 300 millóns respecto de 2019, foron aprobados este xoves polo Consello da Xunta. O sábado, 19 de outubro, remitiranse ao Parlamento para comezar a súa tramitación. Estas contas inclúen varias rebaixas fiscais, entre as que Feijóo destacou que se produce "practicamente" a eliminación do imposto de sucesións e doazóns, que a partir do 1 de xaneiro só pagará o "0,1%" dos galegos.

Deste xeito, o mínimo exento nas herdanzas entre familiares directos sobe dos 400.000 euros ao millón de euros por herdeiro --sen contar a vivenda habitual--. Tamén se amplían as empresas familiares beneficiadas de reducións en sucesións. Os requisitos de propiedade esixirán que, como mínimo, o 50% da propiedade pertenza á persoa herdeira, ao seu cónxuxe ou a un familiar ata sexto grao --ata agora era de cuarto grao--.

OUTRAS REBAIXAS FISCAIS

Ademais, hai baixada de impostos sobre transmisións patrimoniais para compra de vivenda no rural, "no 94 por cento" de Galicia. Así, se baixa do 7% ao 5% a tributación na habitual, mentres que en segunda vivenda redúcese do 10% ao 6%.

No tocante ao IRPF, Galicia será a "primeira comunidade" cunha "dedución verde" de 1.500 euros para mellorar a eficiencia enerxética das vivendas --por obras realizadas por un límite de 9.000 euros--. Tamén se inclúen deducións para cooperativas e sociedade laborais, así como para bolsas de deportistas de alto nivel.

"ESTABILIDADE" FRONTE "INCERTEZAS"

Deste xeito, o presidente da Xunta destacou que este orzamento para 2020, aprobado "en tempo e forma", supón "certidumbre e estabilidade" ante "as incertezas e as inseguridades". Así, remarca que se trata dunha "boa noticia no contexto no que se produce" de "dificultades máximas", xa que van "15 meses sen noticias do Goberno español" e "sen tutela financeira". "Están a bloquear o país e parece que o seu obxectivo é que se bloquee na súa totalidade", reprocha. Por iso, Feijóo deixa claro que "a inestabilidade española non se vai a contaxiar á estabilidade" de Galicia.

O titular do Executivo autonómico resalta que estas contas buscan "consolidar o crecemento económico" e "sortear en medida de posibilidades a desaceleración económica", cunha aposta por "máis gasto social" e menos impostos, mentres "non se deixan hipotecas para próximas xeracións".

PREVISIÓNS

A Xunta actualiza a previsión de crecemento do PIB para este 2019 á baixa --do 2,5% previsto inicialmente ao 2%--. Para 2020, a previsión é que a economía galega creza un 1,9%, unha cifra avalada pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef), subliñou Núñez Feijóo. En canto á taxa de paro, a Xunta a actualiza tamén para o exercicio en vigor, cunha evolución favorable xa que se contempla que caia do 12,7% fixado inicialmente ao 11,4%. A finais de 2020, prevese que rolde o 10%.

Nas contas, o único capítulo orzamentario que diminúe é o de intereses da débeda, posto que se aforran 22 millóns de euros, un 13%. Desde o 2014, o aforro estimado en gastos financeiros ascende a 200 millóns. Ademais, a Xunta reserva o crédito necesario --estimado esta semana polo conselleiro de Facenda entre 80 e 90 millóns-- para unha subida do 2,2% do salario dos 100.000 empregados públicos a partir de xaneiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo 2

Propaganda para ganhar as eleições, nada novo. O nosso pais cada dia desgaleguizase mais um pouquinho, a língua galega esmorece, quedamos fora da transição energética, as minas fecharão há mais de 12 anos e agora surpreendemos que fechem as centrais!!! Feijóo está conseguindo converter a Nossa Terra em planura castelhana!!