O asasino de Ponte Caldelas pide perdón

A deliberación do xurado popular empezará este venres.

Por E.P. | Pontevedra | 17/10/2019 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

O autor confeso da morte a puñaladas de Manuel Rivas Muiños, marido da muller con quen mantiña unha relación sentimental, pediu perdón polo crime cometido en Ponte Caldelas e puntualizou que non se asañou con el.

Marcos V., o home acusado de matar a puñaladas en Ponte Caldelas (Pontevedra) ao marido dunha muller coa que mantivera unha relación sentimental.
Marcos V., o home acusado de matar a puñaladas en Ponte Caldelas (Pontevedra) ao marido dunha muller coa que mantivera unha relación sentimental.

Na última sesión do xuízo con xurado que se celebrou na Audiencia de Pontevedra os acusado Marcos V.G., autor confeso da morte a puñaladas de Manuel Rivas Muiños, fixo este xoves uso ao seu dereito á última palabra para pedir perdón á familia da vítima á que quixo "agradecerlles o respecto que mostraron en todo momento cara a min e cara á miña familia".

"Os feitos son os que son, nunca os ocultei, pero si hai un par de cousas que quero deixar claras", engadiu o acusado a continuación. A primeira cuestión que pretendeu aclarar é que do piso do matrimonio onde se produciu a agresión mortal "había tres xogos de chaves". "Unha de Sandra, outras na porta e logo as miñas", comentou, que apareceron debaixo da cama. "Non as entreguei porque non sabía onde estaban", abundou.

Ademais, asegurou que fixo unha foto a Manuel Rivas cando agonizaba e envioulla á súa parella "para que Sandra crese o que pasaba porque, a pesar de chamala, ela negábao" e quería que "chamase a unha ambulancia". "Non foi nin para facela sufrir nin para burlarme de Sandra en ningún momento, porque Sandra era a miña vida", manifestou. "Foi a muller da miña vida, que ninguén me fale mal de Sandra", engadiu.

"Non me asañei con el, a pelexa foi a que foi, acabou nun minuto e saquei a foto, mandeilla a Sandra para que chamase unha ambulancia e púxeno na cama. Non houbo máis, nin apuñalamento por detrás nin nada máis, foi todo alí no momento", concluíu o procesado na súa quenda de palabra.

DELIBERACIÓN

A deliberación do xurado popular empezará este venres despois de que as partes personadas na causa presentasen este xoves os seus informes e elevasen a definitivas as súas conclusións.

O fiscal do caso, Jesús Calles, sostén que o procesado é autor dun delito de asasinato con aleivosía e solicita unha pena de 20 anos de prisión, a prohibición de achegarse á viúva durante 25 anos e unha medida de liberdade vixiada durante oito anos máis. Engade no seu informe a circunstancia agravante de abuso de superioridade e que o acusado minguou as posibilidades de defenderse da vítima.

O avogado da defensa, Diego Reboredo, presentou unha protesta porque a Fiscalía non pedira ata agora este abuso de superioridade, de modo que considera que se lle privou da posibilidade de defenderse sobre este asunto.

A maxistrada que preside o tribunal, María Jesús Hernández, rexeitou esa protesta, pois considera que "o abuso de seguridade non deixa de ser unha aleivosía en segundo grao" e sobre a aleivosía si puido versar a súa defensa.

O letrado da defensa recoñece que o acusado é o autor dun homicidio e considera que debían aplicárselle as atenuantes de confesión, dilacións indebidas e arrebato, obcecación ou estado pasional. Retirou unha atenuante de lexítima defensa que esgrimira ao comezo da vista.

As acusacións particulares, personadas en nome da viúva e dos pais do falecido, piden para o acusado 25 e 20 anos de prisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta