Feijóo destaca que o gasto social é "prioritario" para a Xunta

Segundo di, así o reflexan os orzamentos para 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2019 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que os orzamento autonómicos deixan claro que o gasto social é "prioritario" para o Goberno galego, así como en sanidade.

Desta maneira, Feijóo expresouse este sábado respecto dos orzamentos da Comunidade, que se estaban presentando no Pazo do Hórreo de Santiago, mentres el visitaba Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) coas candidatas ao Congreso por Pontevedra.

Nas súas declaracións, o presidente do Executivo galego destacou a "aposta polos servizos públicos en 2020", coa creación de 500 novas prazas nesta administración das que 400 pertencen ao ámbito sanitario e as outras 100 derivarán na área de educación e de servizos sociais.

Con esta partida de empregos, a Xunta busca "apontoar os servizos públicos galegos". Ao mesmo tempo, lembrou outros puntos que porá en funcionamento o executivo galego neste último ano previo ás eleccións autonómicas, como a eliminación do imposto de sucesións ou a educación gratuíta de 0 a 3 anos para o segundo fillo das familias galegas.

O presidente a asegurado que ao desaparecer este tipo impositivo, o 99,9% dos galegos "non pagarán nunca máis un imposto de sucesións e doazóns" e que, ademais, "a lei permite que se poida anticipar este imposto e que os pais e os avós poidan trasladar en vida o diñeiro e os bens que queiran deixar aos seus netos e póidanos empezar a gozar de forma inmediata".

RURAL GALEGO

Por outra banda, puxo en valor a "aposta pola diminución da tributación no ámbito rural" para que Galicia se converta na Comunidade con menos impostos nas zonas rurais. "Non só impostos cero para comprar ou para vender parcelas agrarias", apunta, "senón tamén impostos moi baixos para adquirir unha vivenda" nestas zonas.

Con esta idea, o Goberno de Galicia "trata de rehabilitar e de comprar vivendas no rural para que teña máis forza económica" e conte con máis poboación. Por todo, o presidente popular cre que "vale a pena decidir gobernar" desde "a estabilidade e a centralidade".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en Conxemar 2019.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en Conxemar 2019.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta