"Educo o meu fillo na casa porque quero o seu ben como persoa"

Iniciouse o xuízo contra a muller acusada dun delito de abandono de menores por formar ao fillo na casa. A Fiscalía di que a muller ten a obriga de dar unha educación integral ao neno.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 07/06/2012 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

"Educo ao meu fillo na casa porque quero o seu ben como persoa". Así de contundente se denfedeu A.R.L.V. da denuncia da Fiscalía que a acusa de non atender á educación do seu fillo.

None

 

A acusada, que se enfronta a unha multa de 1.260 euros, explicou que o método que segue consiste en educación en casa, onde ela "apoia" pero non "dirixe", e tamén nun centro Pumariños onde o neno realiza diversas actividades, tanto físicas como de aprendizaxe e xogos.

 

O xuízo contra ela iniciouse logo de que o neno, cumpridos os oito anos pedíu ir a escola pero, unha vez alí, non se adaptou e acabou abandonandoa. A súa nai di que "necesitou tempo para asimilar as consecuencias dunha escolarización na que sentiu mal", á vez que indicou que o seu fillo segue actualmente co método de ensino en casa.

 

Tal e como xa contamos neste medio, tras coñecer a decisión, diferentes colectivos se solidarizaron coa acusada e denunciaron que a Xunta esta a "recrudecer" as acusacións contra os proxenitores que non queren levar á escola aos seus nenos. Unha nova modalidade de ensino que se coñece como o "homeshooling". De feito, algunhas nais explicaron os seus casos a GC nesta reportaxe de tingalaranga:

 

 Pouca adaptación

 

Con todo, a director da colexio onde o neno estivo seis días asegura que tiña problemas de adaptación e que "non levaba ben o quedar sentado" nin tampouco "aguantaba moito tempo una mesma actividade, que é o que lle pasa aos nenos de tres ou catro anos". Con todo, rexeitou que a nai desatendese ao seu fillo.

 

No xuízo, tamén prestou declaración o orientador do colexio, quen explicou que o neno realizaba as contas "mentalmente", que para a escritura, "non tiña a axilidade suficiente" e que, no caso da lectura, "ía un pouco máis lento do esperado para a súa idade". En canto ás súas características, dixo que era "encantador", "maduro" e que interactuaba con outros nenos, aínda que había unha serie de "cuestións de patio" que non sabía interpretar ben.

 

Pola súa banda, o neno, nunha declaración escrita, declarou que no colexio había un profesor que non lle gustaba e que non sabía escribir en minúsculas porque ninguén lle ensinou, entre outras cuestións.

 

A Fiscalía, insiste

 

A Fiscalía ratificou a súa postura e considerou á muller autora dun delito de abandono de menores xa que pasou "unha situación moi prolongada de absentismo" a pesar de que en España o ensino é obrigatoria até "os 16 anos".

 

A fiscal sostén que os coñecementos do neno están "moi por baixo dos mínimos" e censurou os "vaivéns" no momento da escolarización, os cales atribuíu a querer "experimentar" no canto de tomar unha "decisión seria".

 

Pola súa banda, a defensa pediu a absolución ao rexeitar que a vía penal sexa a adecuada para xulgar este caso. "Unha condena por este asunto sería un escándalo", asegurou o letrado, quen engadiu que "non existe a máis mínima proba que indique que se menoscabou o dereito á educación" do neno.

 

O caso de Marta 

 

Algo menos de 60 familias" están a educar aos seus fillos lonxe das aulas oficiais. Así o explica Marta, nai de tres fillos en idade de escolarización. Canda a súa parella, Marta edúcaos ela mesma dunha "maneira máis libre, natural, cada un ao seu ritmo". Os rapaces, o maior de oito anos, tamén participan en "actividades extraescolares" con outros menos.

 

Esta familia tamén  foi denunciada por "absentismo escolar" por un centro público canda un a metade de curso deron de baixa a un dos seus vástagos na escola. "Se confunde a educación coa obligatoriedade a estar escolarizado, cando son cousas diferentes",argumenta .

 

Logo o seu caso chegou á Fiscalía de Menores por abandono de familia e está pendente de xuizo por entender que hai unha "desatención" aos seus fillos. Levan tres anos neste proceso, incluídas visitas da Policía e dos servizos sociais a súa casa.

 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

9 Koroshiya Itchy

8 cortelloschooling

Eu educo ao meu fillo no cortello porque quero o seu ben como animal mamífero. Son o máis guai e cool porque defendo o cortelloschooling. Se o estado se opón é opresor e alienante. Na escola producen seres que esquecen o seu parentesco coas vacas. Seguídeme snobs e freakies do mundo !

1 Esmaga-burras

O cortelho é-che mais uma face do mesmo sistema de burrice controlada que controla o ensino. Por isso saiche como saiche, e andas a pedir ainda mais burrice, ve-se bem que fixerom um ótimo trabalho contigo ... a ver se o melhoras cos filhos, ainda que deixache o nível bem alto!

2 Coromines

Para começar não mijes por cima dessa língua que seica queres escrever: "Eu educo a·o meu fillo no cortello porque quero a·o seu ben" .... Nenhum dos As que acompanham os artigos fazem sentido. Em galego, é claro!

7 Koroshiya Itchy

http://www.ted.com/talks/ken_robins... http://www.ted.com/talks/ken_robins... http://www.ted.com/talks/sir_ken_ro...

1 Autista

No ensino convencional o primeiro que sai "out of the window" é a criatividade. Não há lugar para ela porque é algo QUE NÃO SE PODE CONTROLAR. Depois o resto é questão de formar indivíduos submissos, conformistas e capacitados para perpetuarem o sistema. E o que nele trabalhar é parte do sistema, e consequentemente parte do problema.

6 Black Crow

Que el estado se autoconceda la exclusiva de la educación es básico para los que pretenden un estado totalitario, dá igual de que ideología, lo mismo que negar el derecho de la ciudadanía a portar armas de fuego. En nuestro país, España, todos los partidos políticos son herederos directos de ideologías totalitarias, bien sea de izquierdas o de derechas, y como tales deben destruir al individuo negándole derechos básicos como el derecho a elegir la educación a sus hijos o defender por si mismos sus familias y sus propiedades. Pretenden convertir a los ciudadanos e cerditos come-piensos amparados en la seguriadad de una granja.

1 Esmaga-porcos

Pois é, olha para ti próprio, que bem grunhes coma um porco que soubesse falar espanhol. Agora tens de aprender a grunhir em galego, e já poderás escolher em liberdade (sem que o estado escolha por ti) o teu idioma normal ...

5 rottenmeier

O homeschooling é puro individualismo burgués disfrazado de progresismo. A Clara a amiga de Heidi tamén a educaba na casa a señorita Rottemmeier e así estaba a pobre de amargada. A escola non é só aprendizaxe intelectual, é tamén contacto co mundo de fora da túa familia, e preparación para a realidade da vida, desenvolvimento de técnicas de defensa contra a xente hostil que sempre vas atopar na vida profisional e sentimental. O fiscal o que ten que facer é multar ben multada a unha nai tan inconsciente. Que faga os experimentos con gaseosa, non coa súa filla.

1 Esmaga-baratas

Não há nada mais burguês e disfarçado de progressismo do que o sistema educativo convencional. O sue alvo é produzir cidadãos submissos e aparvalhados (dos quais tu és um bom exemplo) e para isso se serve de aliciar essa camada de indivíduos com inclinações inteletuais, para enrolá-los no serviço docente. É verdade que alguns deles fazem ouvir o seu desacordo co sistema, mas mandando-lhes um ordenado ao mês, garantido de por vida, e dando-lhes muito tempo de lazer e férias pagas, o sistema garante a sua colaboração. Eles também são cúmplices do sistema. E o mais nojento não é isto (o sistema alimentar, de exploração animal é muito muito pior), mas ter de aturar quem trabalha para o sistema a esbardalhar contra ele ...

2 Esmaga-baratas

O mais coerente e honrado (para quem quiser de verdade opor-se ao sistema) é não mandar os filhos à escola (a menos que as escolas forem como a escola Semente, que é algo completamente diferente). E também não trabalhar para ele no sistema educativo. Se Sócrates ou Platão vivissem hoje, uma cousa era certa (não sabemos se seriam lusistas ou não): não seriam funcionários da Xunta. E ainda menos viveriam agochados num tobo largando ressentimento e orgulho inteletual na interné ...

3 galiza ceive

galiza ceive

4 Rottenmeier

Miña Nai ! Agora os freakies lusistas tamén queren educar aos fillos na casa para que non oian nin lean outra cousa que ese portugués perralleiro que lles parece a cima da cultura cultísima. Vaia fato de snobs de aldeia ! PROHIBICIÓN DO HOMESCHOOLING XA ! SALVEMOS AOS POBRES NENIÑOS DOS LUSISTAS REINTEGRATAS !

5 Esmaga-cínicos

Não só o galego (ou português), também lhes aprenderiamos um bocadinho de inglês e francês. E espanhol, se quadra. E até latim e grego, se houver tempo.

6 Rottenmeier

Se non fórades tan paletiños dariadesvos de conta que o portugués que falades é pobrísimo. Só aprendedes a grafía e o rexisto culto ou literario (e mal aprendido). Non sabedes falar nin con xiros nin gracia nin salero portugueses, traducides do español e parécevos que con cambiar a grafía xa falades en portugués. Sodes patéticos. Pequenoburgueses que suplen a súa incultura con pedantería. Un idioma é mais que o rexisto literario. É algo vivo que se forxa a diario na rúa. E se vos poñedes nunha rua portuguesa non tedes nin idea do idioma vivo luso, ben máis fermoso que ese indigno patois que tentades escribir.

7 Esmaga-bostas

#6 Isso que rosmas sobre os lusistas é verdade. Mas eles nom som a porcalhada espanholeira que és tu, que andas a fazer apologia do sistema geral de burrice controlada. Agora tes que aprender a lingua e ortografia das burras, que é a que melhor recolhe as bostas internéticas coma ti ...

8 XLMFerrin

Rottenmeier, estás tu para falar... Dizes que falamos um português fraco, mas o teu 'galego' ILG... que dizer? "Gracia e salero"... manda caralho. Isso é galego, nom? E logo acrescentas um "rexisto" que em galego ILG seria "rexistro", mas que em português de Portugal -nom assim do Brasil- -e "registo". De quê vas? Pareces o Ferrin, que nom sabe nem em quê escreve...

9 anonimo

O dito, pedantiños ignorantes e paletos é o que sodes. Todos os galegofalantes somos bilingues, e é normal adornar o noso discurso con expresións españolas (por certo, calquera portugués entende "salero"). Iso non estraga o galego de conservarmos sintaxe, pronuncia e léxico sustancial de noso. Un inglés di "we have a fiesta tonight" e fica ben contento do xeitoso da expresión. Os lusistas deixades o rexistro coloquial galego sen saberdes nin coñecerdes o portugués (sería imprescindibel vivir en Portugal uns aniños para dominalo). O resultado é ese portuñol horroroso que escribides e tentades falar. Unha caricatura da lingua portuguesa que arrepía nos oidos lusos.

10 rottenmeier

Demonstración do que digo. O 8 escribe: "De qué vas" ? coloquialismo español que ningún portugues entende ben (evidentemente ignora a expresión equivalente do argot da rúa portugués). O O 7 dí "tes que aprender" cando en bon portugués sería "tens de aprender". E son galeguismos ou españolismos sintácticos, non léxicos. E iso en dous paragrafiños de nada...o dito, vaia que facedes o mameluco.

11 rottenmeier

Por certo, para o 7, en bon galego as bostas non se esmagan, escagállanse. Déixate de tanta grafía e enxebriza o teu discurso. Como eu fun a un bon colexio non respondo aos insultos que evidentemente son o resultado do teu homeschooling, ha, ha.