"Educo o meu fillo na casa porque quero o seu ben como persoa"

Iniciouse o xuízo contra a muller acusada dun delito de abandono de menores por formar ao fillo na casa. A Fiscalía di que a muller ten a obriga de dar unha educación integral ao neno.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 07/06/2012 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

"Educo ao meu fillo na casa porque quero o seu ben como persoa". Así de contundente se denfedeu A.R.L.V. da denuncia da Fiscalía que a acusa de non atender á educación do seu fillo.

None

 

A acusada, que se enfronta a unha multa de 1.260 euros, explicou que o método que segue consiste en educación en casa, onde ela "apoia" pero non "dirixe", e tamén nun centro Pumariños onde o neno realiza diversas actividades, tanto físicas como de aprendizaxe e xogos.

 

O xuízo contra ela iniciouse logo de que o neno, cumpridos os oito anos pedíu ir a escola pero, unha vez alí, non se adaptou e acabou abandonandoa. A súa nai di que "necesitou tempo para asimilar as consecuencias dunha escolarización na que sentiu mal", á vez que indicou que o seu fillo segue actualmente co método de ensino en casa.

 

Tal e como xa contamos neste medio, tras coñecer a decisión, diferentes colectivos se solidarizaron coa acusada e denunciaron que a Xunta esta a "recrudecer" as acusacións contra os proxenitores que non queren levar á escola aos seus nenos. Unha nova modalidade de ensino que se coñece como o "homeshooling". De feito, algunhas nais explicaron os seus casos a GC nesta reportaxe de tingalaranga:

 

 Pouca adaptación

 

Con todo, a director da colexio onde o neno estivo seis días asegura que tiña problemas de adaptación e que "non levaba ben o quedar sentado" nin tampouco "aguantaba moito tempo una mesma actividade, que é o que lle pasa aos nenos de tres ou catro anos". Con todo, rexeitou que a nai desatendese ao seu fillo.

 

No xuízo, tamén prestou declaración o orientador do colexio, quen explicou que o neno realizaba as contas "mentalmente", que para a escritura, "non tiña a axilidade suficiente" e que, no caso da lectura, "ía un pouco máis lento do esperado para a súa idade". En canto ás súas características, dixo que era "encantador", "maduro" e que interactuaba con outros nenos, aínda que había unha serie de "cuestións de patio" que non sabía interpretar ben.

 

Pola súa banda, o neno, nunha declaración escrita, declarou que no colexio había un profesor que non lle gustaba e que non sabía escribir en minúsculas porque ninguén lle ensinou, entre outras cuestións.

 

A Fiscalía, insiste

 

A Fiscalía ratificou a súa postura e considerou á muller autora dun delito de abandono de menores xa que pasou "unha situación moi prolongada de absentismo" a pesar de que en España o ensino é obrigatoria até "os 16 anos".

 

A fiscal sostén que os coñecementos do neno están "moi por baixo dos mínimos" e censurou os "vaivéns" no momento da escolarización, os cales atribuíu a querer "experimentar" no canto de tomar unha "decisión seria".

 

Pola súa banda, a defensa pediu a absolución ao rexeitar que a vía penal sexa a adecuada para xulgar este caso. "Unha condena por este asunto sería un escándalo", asegurou o letrado, quen engadiu que "non existe a máis mínima proba que indique que se menoscabou o dereito á educación" do neno.

 

O caso de Marta 

 

Algo menos de 60 familias" están a educar aos seus fillos lonxe das aulas oficiais. Así o explica Marta, nai de tres fillos en idade de escolarización. Canda a súa parella, Marta edúcaos ela mesma dunha "maneira máis libre, natural, cada un ao seu ritmo". Os rapaces, o maior de oito anos, tamén participan en "actividades extraescolares" con outros menos.

 

Esta familia tamén  foi denunciada por "absentismo escolar" por un centro público canda un a metade de curso deron de baixa a un dos seus vástagos na escola. "Se confunde a educación coa obligatoriedade a estar escolarizado, cando son cousas diferentes",argumenta .

 

Logo o seu caso chegou á Fiscalía de Menores por abandono de familia e está pendente de xuizo por entender que hai unha "desatención" aos seus fillos. Levan tres anos neste proceso, incluídas visitas da Policía e dos servizos sociais a súa casa.

 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

4 Akribéstaton

Muito obrigado,Galicia Confidencial, por moderar e apagar as mensagens deste pérfido e miserável sionista Otero-Quissonde. Agora espero que a Guardia Civil cumpra tambem o seu cometido. E por se alguém duvida da minha identidade verdadeira, confiram no meu blogue: http://pedritolusista.blogspot.co.u...

3 Esmaga-baratas

Com docentes tão inuteis como Pedro Bravo, dum IES de Arteixo, era melhor todos os rapazes e rapazas ficarem na casa. Não se enganem, esse tipo de "docente", que sobejam polas escolas do país, passam o tempo a desbafar a sua ressentida mediocrice pola internet adiante, e polo dia se limitam a "largar o rolho" nas aulas. Estas parásitas não servem mais que para segurar o control do sistema e produzir futuros cidadãos submissos e aparvados. É uma das pestes do país.

1 Esmaga-baratas

Apoleiram-se na cadeira, férias pagas três meses ao ano, nem preparam as aulas, apenas largam "o rolho". Todavia, servem de inspiração, porque muitos dos seus alunos os invejam, por terem tão boa vida a conto do contribuinte, e querem ser como eles de grandes ...

2 jos

Gascon, o teu ultrapassa todos os limites, particularmente os éticos.

3 Esmaga-baratas

Jos, tu sabes tão bem como a mim que o que digo é certo. Ambos passamos polo sistema educativo do país. De resto, a cascuda imunda de quem falo tem todos os síntomas de ser um desses parásitas: diz não ter vocação docente, e mesmo chegou a dizer que se não for por ter esse chóio que tem estaria no cárcere. O hipócrita nojente fala da fome coa boca (ou o cu, no seu caso) chéia, mas sempre agochado no seu tobo, como a rata cobarde que é. ...

4 jos

Não meu, a rata covarde és tu. A pessoa que dá o seu nome e firma com ele muito do que escreve é Pedro. A tua aversão contra ele é enfermiza e irracional. Os ataques pessoais são miseráveis e o teres feito essa página suplantando-o acho que está fora da legalidade. A vocação ou não vocação ou qualquer outra carácterística de quem atacas não te justifica a ti nem o teu mobbing permantente. Mais bem descreve-te.

5 Esmaga-baratas

Pois eu acho o seu blogue muito tenro. Já sabia eu que atrás desse hominho tão sério e cum sentido do humor desconhecido, determinadíssimo no seu empenho contra a perversidade universal (comodamente sentado na sua cadeira, sim, mas batendo nas teclas com grande intrepidez) e que vive do conto de ser funcionário "docente" (é uma maneira de falar) tinha algo interessante para contar. Eu preferiria falar com ele cara a cara, mas ele refusa-se a encontrar-se comigo ... e já agora, Jos, já pensaste em pôr-te a régime de emagrecimento?

2 Balados

E os dereitos dos nenos? Esos por quén o estado debe velar. Podería un neno demnandar aos seus país por non ofrecerlle unha educación axeitada? Qué garante hai de que os nenos reciban a educación adecuada, ainda sabendo de que a educación vai enfocada cun determinado fin, que esa é outra.

1 jos

Em matéria de curriculum (conteúdo) o "Estado", esse monstro, poderia exigir e verificar que se alcançam determinadas quotas como no ensino presencial. Isso não tira que a criança aprenda em casa.

2 Balados

monstruo é o non estado liberal que estamos a vivir, paspan.

3 jos

Homem, obrigado pelo de paspão. É o que se passa por ter uma opinião diferente, não? // Nas expressões "Estado liberal", "Estado social" ou "Estado de bem-estar" o substantivo é o "Estado" e o adjectivo e secundário "liberal", "social" ou de "bem-estar".

4 mk__

Poderia o mesmo neno denunciar ao estado por non ofrecerlle unha educación axeitada? E unha sanidade? e un futuro?

5 Un profesor xubilado

Estamos acostumbrados a entender a escolarizacion dentro dunhas paredes, sobre uns bancos e fronte a unha pizarras que cando alguén rompe o modelo vesenos o mundo enriba.Os pais son os primeiros responsables da formación e educación dos seus fillos, logo deberan ter a suficinte autoridade e poder para elixir o modelo de formación educacional para os seus retoños.Quen dixo que un pai/nai suficientemente formada non pode instruir e formar aos seus fillos igual que en calquera centro?

6 Un profesor xubilado

Acaso podemos asegurar que tódolos profesores dos centros sexan mellors transmisores de coñecementos e actitudes que os pais/nais? Hai centrso que deberan estar pechados que farian menos dano aos crios/as. O que debera facer o Estado (ese monstruo como alguén lle chamou) é asegurarse de que ese neno/a está formándose adecuadamente, que non ten por que ser como se forma nos centros oficiais onde, nalgýns casos mellor se deforman. Penalizar aos pais/nais sen asegurarse de maneira seria, non rutinaria, da evolución sicolóxica e emocional dese neno/nena é sinxelamente unha barbaridade. Todos podemos ser expertos en algo sen pisar unha aula. De feito hai máis expertos autodidactas que de libro. is expertos autodidactas que de libro.

7 Un profesor xubilado

Pola miña experiencia de cáseque 40 anos dedicado ao ensino podo asegurar que moitos nenos/as serian máis felices e chegarian máis lonxe nas súas vidas se non pisaran certos centros chamados de ensino. Hai moito bacalau que cortar neste campo para que veña un xuiz, sen puñetera ida de educación e formación, e dicte sentencias por kilo.

1 Para debater

O ensino a debate: "De escolas e panóticos", por José Luís do Pico Orjais "Educar para a liberdade", por Heitor Rodal Lopes http://www.partidodaterra.net/petei... Também aqui: http://www.partidodaterra.net/sober...

1 Bakunin

Non si os liberais o que queredes é un ensino´privado e unha universidade para quén poida pagala, e os proletarios a formarse na casa, que para explotados cheganos de formción.

2 jos

"O o mais valorado na escola convencional atual é, por esta ordem: a assistência e a pontualidade, a submissão à autoridade, a produtividade e a concorrência com os próprios colegas."

3 jos

Bakunin, melhor "libertários". A mulher esta também paga a escola estatal com os impostos. O que demanda é poder ensinar a criança em casa, não derrubar as escolas estatais. O ensino também pode ter outras formas, cooperativas e solidárias, como por exemplo a Escola Semente de Compostela, e não por isso ser estatal (aliás, o ensino estatal costuma ser não-público) e nacionalizador.