Temas: MUGARDOS PSOE PP

O PSOE de Mugardos abandona o goberno local e deixa en minoría o grupo de EU-SON-En Común

Os socialistas aseguran que tentarán "desbloquear" a situación actual.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

Os tres concelleiros socialistas do Concello de Mugardos (A Coruña) presentaron este luns a súa dimisión do goberno municipal despois de que a alcaldesa, Pilar Díaz (EU-Son-En Común), lle retirase as competencias ao portavoz do PSOE, José Ángel Martínez, quen ocupaba a tenencia de alcaldía e a concellaría de obras.

"Presentamos a dimisión, a renuncia a seguir formando parte do goberno e dos cargos que nos quedaban, por tanto o noso paso á oposición", asegurou en declaracións a Europa Press José Ángel Martínez.

Con todo, preguntado sobre unha posible moción de censura, asegurou que é unha opción que non estudaron. "Temos previsto esta semana facer unha valoración de cal é a situación e, a partir da mesma, determinaremos as medidas a tomar", apuntou.

"Non sabemos cal vai ser a solución que imos atopar", manifestou o socialista que avanzou que a súa formación tratará de "desbloquear a situación que hai actualmente no Concello, con este goberno en minoría, con só catro concelleiros".

Tras esta dimisión, o grupo de goberno, liderado por Pilar Díaz, de EU-SON-En Común, queda en minoría nun pleno de trece edís, xa que conta con catro, por cinco do PP, que é a forza con máis representantes, ademais dos tres do PSOE e un do BNG.

A alcaldesa de Mugardos.
A alcaldesa de Mugardos.

Temas: MUGARDOS PSOE PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pilar fora da ría

E a noticia do apoio incodicional de IU a Reganosa onde está? Vese na foto. Vinte anos dicindo o contrario, agora xiro de 180 graos e cri cri cri