O alcalde de Ferrol mostra o seu apoio ao persoal de Reganosa e defende os postos de traballo

Mato reúnese cos integrantes do comité de empresa da planta regasificadora.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), mostrou o seu apoio e o do seu goberno aos integrantes do comité de empresa de Reganosa, tras manter con eles un encontro na mañá deste luns na zona de Alcaldía.

"Penso que Ferrol está nas mellores condicións para abordar este novo mercado", destacou, en alusión ao Gas Natural Licuado (GNL). Ademais, resaltou que "o persoal técnico de Reganosa está o suficientemente cualificado para abordar novos retos, tal e como xa están a facer noutros países".

Por iso, subliñou que a "obrigación como representantes institucionais é defender" a industria da zona, "os postos de traballo e estar ao lado dos traballadores".

Ditas manifestacións realizounas o rexedor ferrolán ao remate da reunión cos integrantes do comité de empresa, cuxo presidente, Emilio López, manifestou que desde a parte social decidiron "iniciar unha rolda de contactos logo de que algúns colectivos", e sobre todo a empresa Enagás, "decidisen presentar alegacións á Declaración de Impacto Ambiental (DIA)".

ALEGACIÓNS Á AUTORIZACIÓN

"Estamos agora mesmo cun proceso de autorización administrativa á que están a presentar certas alegacións determinados colectivos e que pon en cuestión a continuidade operativa da planta", advertiu o representante sindical da regasificadora, que está situada en Punta Promontorio, no municipio de Mugardos (A Coruña).

"Nestes termos nós estámonos pronunciando para defender o noso emprego e a continuidade da nosa planta", aseverou.

O alcalde de Ferrol mostra o seu apoio aos traballadores de Reganosa
O alcalde de Ferrol mostra o seu apoio aos traballadores de Reganosa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 bestarruza

Pero non dín os do Psoe que hai que cumpri-la Lei? Pois non poden defender a REganosa, xa que non ten licencia de actividade, segundo sentencias varias do Tribunal Supremo