A Xunta anuncia unha "flexibilización de tarifas" no sector do taxi para "facilitar a competitividade"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2019 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou que a lei de acompañamento aos orzamentos da Xunta de 2020 inclúe unha "flexibilización de tarifas" no sector de taxi co fin de "facilitar a competitividade e a mobilidade dos usuarios".

A preguntas dos medios este martes en Arteixo (A Coruña), a conselleira subliñou que esta é unha "medida solicitada polo sector", que busca "máis facilidades" tamén nos prezos.

Ten como obxectivo "dar máis solucións e alternativas" aos usuarios, así como que o sector traballe "con lealdade", "sabendo que hai outros sectores como Cabify aquí na Coruña".

Entre outras cuestións, este cambio normativo inclúe que o titular do taxi e os usuarios poderán acordar un prezo fixo pola súa prestación ou un desconto. Nestes supostos, as tarifas vixentes terán a consideración de máximas.

Así mesmo, as tarifas dos servizos urbanos de taxis serán fixadas polos concellos ou, de ser o caso, por entidades competentes das áreas territoriais de prestación conxunta. No tocante a tarifas interurbanas será necesario dar audiencia ao Consello Galego de Transportes.

Protesta de taxistas polo borrador da Xunta sobre os VTC
Protesta de taxistas polo borrador da Xunta sobre os VTC | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta