A Coruña será o escenario para un acto de Pedro Sánchez o vindeiro domingo

Esta é a segunda vez que, en precampaña, Sánchez visita Galicia. E é que o dirixente socialista tamén participou nun acto electoral en Vigo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2019 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno en funcións e líder do PSOE, Pedro Sánchez, desprazarase o domingo á cidade da Coruña para participar nun acto electoral.

Fontes do PSdeG ratificaron a Europa Press que o candidato do PSOE ás eleccións xerais do 10 de novembro visitará a cidade herculina. O acto celebrarase ás 12,00 horas no Polideportivo Municipal San Francisco Javier.

Esta é a segunda vez que, en precampaña, Sánchez visita Galicia. E é que o dirixente socialista tamén participou nun acto electoral en Vigo, na mesma xornada na que acudía, como presidente do Goberno, a un foro económico na Toxa.

Pedro Sánchez, no mitin do PSOE en Vigo o 5 de outubro de 2019
Pedro Sánchez, no mitin do PSOE en Vigo o 5 de outubro de 2019 | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta