A Xunta defende a calidade da atención que reciben as persoas maiores nas súas residencias

Así mesmo, sinalou que, a través das inspeccións anuais que realizan os servizos técnicos garántese o benestar dos maiores e tamén unha carga de traballo razoable para os profesionais, grazas ao cumprimento dos cocientes que fixa a normativa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2019 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu este mércores a calidade dos coidados que reciben as persoas maiores nos centros de atención á dependencia da Administración autonómica, así como a profesionalidade dos seus traballadores.

Así o manifestou en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do Grupo Común da Esquerda Paula Quinteiro, quen denunciou a sinistralidade laboral nestes centros e pediu á Xunta que se comprometa a que a xestión das novas residencias que se crearán nas cidades galegas sexa "100% pública".

Na súa intervención, Fabiola García avanzou que, proximamente, comparecerá no pleno da Cámara a petición propia e indicou que o compromiso da Xunta é garantir que os usuarios das súas residencias e centros sentan como nas súas propias casas, para o que cada un deles dispón do persoal que fixa a normativa en función do número de residentes e as súas necesidades asistenciais.

Así mesmo, sinalou que, a través das inspeccións anuais que realizan os servizos técnicos garántese o benestar dos maiores e tamén unha carga de traballo razoable para os profesionais, grazas ao cumprimento dos cocientes que fixa a normativa.

Residencia de maiores Porta do Camiño Santiago de Compostela.
Residencia de maiores Porta do Camiño Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta