En Marea ve "escandoloso" que A Coruña "só reciba o 3%" do total dos orzamentos da Xunta

O deputado de En Marea no Parlamento galego Francisco Casal cualificou de "escandoloso" o trato da a cidade da Coruña e a súa área nos orzamentos da Xunta para 2020 ao asegurar que só se destinan á mesma "o 3% do total dos investimentos previstos para toda Galicia".

Por E.P. | A CORUÑA | 24/10/2019 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O deputado de En Marea no Parlamento galego Francisco Casal cualificou de "escandoloso" o trato da cidade da Coruña e a súa área nos orzamentos da Xunta para 2020 ao asegurar que só se destinan a ela "o 3% do total dos investimentos previstos para toda Galicia".

Xunto á integrante do Consello das Mareas, Luz Marcos Buján, e de membros da formación da Coruña, denunciou as "carencias" destes orzamentos para a cidade e a súa área metropolitana.

Unhas "carencias" que, na súa opinión, contrastan coa proposta "estrela" destas contas. "Rebaixarlle os impostos aos ricos", sentenciou Casal, quen afirmou que esta medida "ten consecuencias porque a Xunta deixa de recadar, perdoando diñeiro aos ricos e logo di que non ten diñeiro para as obras que debería financiar na Coruña".

En concreto, asegurou que esta "só recibirá catro millóns dos 142 millóns que a Xunta destina investimentos". Entre as obras que, segundo expuxo, non recibirán diñeiro nestes orzamentos figura a futura estación intermodal da cidade, sinalou nunhas declaracións realizadas na estación do ferrocarril de San Cristóbal.

"Mentres o resto das cidades galegas reciben investimentos millonarios para a as súas respectivas intermodais, A Coruña só recibirá pouco máis de 300.000 euros dun orzamento de obras de 27 millóns", sinalou como exemplo na súa crítica ao orzamento da Xunta para 2020.

O deputado do Grupo Mixto Francisco Casal na rolda de prensa
O deputado do Grupo Mixto Francisco Casal na rolda de prensa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta