Temas: R

Traballadores de R denuncian a falta dun "compromiso en firme" por parte da Xunta para evitar a deslocalización

"Os seus tempos non van cos nosos e parece que miran para outro lado", critican.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/10/2019 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

Traballadores de R Cable e das súas subcontratas denunciaron a falta dun "compromiso en firme" por parte da Xunta para evitar a deslocalización de servizos por parte da empresa.

Mobilización de traballadores de subcontratas de R
Mobilización de traballadores de subcontratas de R | Fonte: CIG.

Tras as mobilizacións convocadas nos últimos meses, entre elas unha manifestación na Coruña este martes, aseguran que o mércores mantiveron unha reunión na Consellería de Industria.

Do seu contido, afirman que a sensación "é que non hai un compromiso en firme para tentar que a situación vaia por outro camiño".

"Os seus tempos non van cos nosos e parece que miran para outro lado", indican sobre o posicionamento do Goberno galego tras as súas denuncias, desde agosto, pola deslocalización de servizos.

"Saímos da reunión sen compromiso nin data para volvernos ver sindicatos, traballadores, Xunta e Euskaltel, e de producirse, é moi probable que xa sexa demasiado tarde", advirten.

Temas: R
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta