Arden dous turismos debido a un incendio que afectou tamén o exterior dunha vivenda en Marín

Por E.P. | PONTEVEDRA | 25/10/2019 | Actualizada ás 09:39

Comparte esta noticia

Dous turismos arderon por completo na madrugada deste venres na localidade pontevedresa de Marín debido a un incendio que afectou tamén ao exterior dunha vivenda.

Segundo informou o 112 Galicia, todo parece indicar que as chamas se iniciaron nun dos turismos, propagáronse a outro vehículo e, ademais, afectaron á xanela, á persiana e fachada dunha vivenda da Avenida Otero Ulloa, no Seixo, pero non houbo danos persoais nin o interior do domicilio resultou afectado.

Así o comunicaron os Bombeiros ao 112 Galicia tras dar por finalizadas as tarefas de extinción. Todo comezou sobre as 1,00 horas deste venres cando varios particulares chamaron para informar dun coche que ardía na rúa e da propagación do lume ao turismo que estaba á beira.

Ata o lugar, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse os Bombeiros do Morrazo, a Policía Local e efectivos de Protección Civil.

Coche calcinado
Coche calcinado | Fonte: Durangon.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta