O xerente do Sergas aposta por "seguir traballando" ao tempo que pide "mellorar" a atención primaria

Enumerou medidas como a que afecta a un total de 241 médicos de familia que aprobaron a oposición e que "hoxe", por este mesmo sábado, elixiron destino en atención primaria.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/10/2019 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, reivindicou medidas adoptadas pola administración sanitaria galega nos últimos meses para tratar de "mellorar" a atención primaria na comunidade, antes de apostar por "seguir traballando" nesta liña.

Así se pronunciou, en declaracións a Europa Press, ao ser preguntado pola marcha que este sábado secundaron centos de médicos en Santiago para reclamar "máis tempo" por paciente. Segundo dixo Fernández-Campa, os profesionais, "loxicamente", están no seu dereito de manifestarse.

En calquera caso, pola súa banda, enumerou medidas como a que afecta a un total de 241 médicos de familia que aprobaron a oposición e que "hoxe", por este mesmo sábado, elixiron destino en atención primaria.

Tamén se referiu ao novo decreto da estrutura de áreas sanitarias, aos orzamentos da Xunta para o ano 2020 e ao feito de que un 88% dos usuarios, segundo o seu dato, valoran como "moi bo ou bo" este servizo.

Cuestionado pola sobrecarga que denuncian os médicos, argumentou que o incremento da esperanza de vida implica unha "cronicidade" das patoloxías e tamén un aumento da "frecuentación" dos servizos.

Pero incidiu en que "para iso" se aproban medidas como a incorporación de "novos profesionais". Pola súa banda, defendeu ter "abertas moitas vías de participación" cos colectivos médicos.

TOMA DE POSESIÓN NOVO DESTINO

Segundo informa a Consellería de Sanidade, dos 241 aspirantes convocados este sábado ao acto de elección de destino, 218 fórono pola quenda de acceso libre, 18 pola de promoción interna e cinco polo de discapacidade xeral. Por sexo, 201 aspirantes son mulleres, o que representa o 83,4%, e 40 homes. A media de idade dos aprobados situouse nos 41,69 anos.

O Sergas, engade o departamento nunha nota de prensa, tamén adxudicou este venres 40 destinos correspondentes a outro catro categorías de persoal estatutario: 18 do grupo de xestión da función administrativa, nove do grupo técnico da función administrativa, sete da categoría de enxeñeiro técnico e seis correspondentes á categoría de técnico superior en documentación sanitaria.

O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa. XUNTA - Arquivo
O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Por cada 6 médicos / 1 burócrata para controlar o GASTO ?