Temas: SAMAíN ALLARIZ

Allariz prepárase para 'catro días de medo'

Seres do alén visitarán a vila, convertida do 31 de outubro ao 3 de novembro nunha auténtica pasaxe de terror.

Por X.M. Fernández | Allariz | 28/10/2019 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Meigas, ánimas, trasgos e seres do máis alá protagonizarán o 'Allariz de Medo' que terá lugar entre o 31 de outubro e o 3 de novembro e estará centrado na animación e ambientación das rúas do casco histórico.

Presentación do 'Allariz de medo'. Prensa Concello de Allariz.
Presentación do 'Allariz de medo'. Prensa Concello de Allariz.

As rúas de Allariz servirán de escenario, a noite do 31 de outubro a partir das 20:30 h, para a procesión de ánimas teatralizada por Silvardeiras Teatro de Allariz. A 'performance' comezará na Praza Maior e rematará na Praza de Abaixo, coa celebración dun ritual celta apto para todos os públicos.

A cultura galega estará presente na ambientación das rúas do casco histórico de Allariz que se converterá nunha pasaxe de medo durante os catro días.

Temas: SAMAíN ALLARIZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta