Integrantes de Vox en Pontedeume denuncian agresións e unha persecución na súa mesa informativa

Militantes da formación de Santiago Abascal din que presentarán denuncias ante a Policía Local, a Garda Civil e o Xulgado de Betanzos. "Temos fotografías dos agresores".

Por Europa Press / Redacción | Pontedeume | 26/10/2019 | Actualizada ás 21:14

Comparte esta noticia

Integrantes de Vox denuncian sufrir agresións, insultos e unha persecución tras instalar unha mesa informativa na zona urbana de Pontedeume, nas proximidades da Biblioteca Municipal.

Santiago Abascal, presidente de VOX  nun mitin de Vox en Vigo (Galicia, España), o xoves 24 de outubro de 2019.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Santiago Abascal, presidente de VOX nun mitin de Vox en Vigo (Galicia, España), o xoves 24 de outubro de 2019.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

O acto informativo contaba con permiso da Delegación do Goberno para poder ser desenvolvido entre as 11,00 e 13,30 horas e estivo acompañado de efectivos da Garda Civil, xa que desde as redes sociais convocouse unha concentración na zona do Pilón, moi próxima ao lugar, en contra do partido de Santiago Abascal.

Segundo relata a Europa Press uno dos militantes que participaba na mesa, foi no momento no que iniciaron a recollida, sobre as 13,30 horas, cando un grupo dunhas vinte persoas, mozas na súa maioría, achegóuselles. "Unha das mulleres foi agredida, recibindo varios empuxóns, ademais de recibir todo tipo de insultos", detalla.

No seu camiño cara o lugar onde tiñan aparcados os seus vehículos, e acompañados por forzas de seguridade, continuaron tamén os insultos e a persecución, incidiu o integrante de Vox, quen avanzou que presentarán denuncia ante a Policía Local, a Garda Civil e o Xulgado de Betanzos. "Temos fotografías dos agresores", advertiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

3 Gamela

VOX Quentando a Campaña Electoral ? Parece que VOX está a maximizar a súa repercusión mediática coa colaboración da "esquerda" (?) En Vigo alugaron o Auditorio Mar de Vigo (1.400 prazas) e non sabemos cantos cartos pagaron a Abel Caballero (?) Este Auditorio nefasto que levamos pagando e rescatando dende hai máis de 15 anos, agora é propiedade municipal. Curioso que o caudillo local prohibira hai uns meses unha conferencia sobre as Mafias Farmaceuticas a Lidia Senra no museo MARCO de Vigo (unha sala de menos de 100 prazas!) e agora ALUGUE a VOX unha sala de 1.400 persoas! Fóra do Auditorio houbo algúns empurróns e a Policía cargou e mesmo detivo a un rapaz e identificou a varias persoas asistentes ao escrache contra VOX. Supoñemos que en breve recibirán as multas gubernativas correspondentes por "manifestación non autorizada" ou "atentado contra a autoridade" ou "danos ao mobiliario urbano" (?)

1 Gamela

VOX obtén "repercusión mediática gratuíta" vía redes sociais e prensa alternativa? http://xornaldevigo.gal/politica/35... Gostaríame saber por que Abel Caballero ALUGA o Auditorio a VOX? El que é experto en negar dereitos a medio mundo (Acampada contra a Pobreza / Bombeiros en Folga / Policías sen Prazas!) ¿Por qué é tan dócil con VOX? ¿Será para roubarlle votos ao PP? ¿Será porque dende o seu AUTORITARISMO e CAUDILLISMO acreditados simpatiza con VOX? Abel foi por libre recurrindo a sentenza de derribo da Cruz dos Caídos no Castro? https://adiante.gal/memoria-imposta... En Pontedeume VOX terá novamente un altofalante gratuíto grazas ás denuncias no xulgado de Betanzos!

2 Gamela

Ollo con quentar a campaña electoral que rematará FAVORECECENDO Á ULTRADEREITA ! A VOX quedoulle cativo o Auditorio de 1.400 butacas de Abel Caballero! https://youtu.be/j5Y5gzU9ggw Mentras tanto na rúa o BNG (UPG) reclamando a Autodeterminación! https://youtu.be/Ji8vOnDZcVA O 10N as urnas poden darnos unha sorpresa moi desagradable!

2 Galeguiña

É incribel o que algúns "demócratas" están a facer cos simpatizantes deste partido: tentan reventar os seus mitins, insultan aos cidadáns que libremente acuden aos actos deste partido, esnaquizan as súas mesas informativas, agreden incluso ás mulleres militantes que fan labores informativas e electorais...Semella que si son de Vox, hai “barra libre” para insultar e agredir con impunidade. Neste sentido, os que isto fan, non se diferencian o mais mínimo dos neonazis que mallan na xente que non pensa coma eles. Onde están as denuncias e condenas dos socialisatas e nacionalistas por feitos como este? E as das feministas. Os cidadáns que votan a Vox, son tan galegos e españois como os que o fan aos outros partidos. Pode que non compartamos a súa ideoloxía e as súas propostas, pero ninguén ten dereito a insultalos e agredilos. Ademais coido que estes episodios reforzan a sua imaxe e favorece as suas expectativas electorais.

1 nostrus

A dia de hoxe o feixismo novo disfrazase de antifeixismo, pero usa as mesmas tretas que o feixismo de sempre. Vox ten o mesmo direito que o BNG.