Petición de doce anos de cadea para o acusado agredir sexualmente a súa exparella e ameazala cun coitelo

O presunto agresor xa ameazara á vítima con anterioridade. En concreto, en 2016 o home apareceu en casa da exparella coa intención de falar co fillo de ambos, explica o Fiscal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2019 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide doce anos de cárcere para un home de Ourense acusado de agredir sexualmente a súa exparella en 2017 e ameazala cun coitelo en 2016. O caso será xulgado próximo xoves na sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense ás 09,30 horas.

Segundo relata o Ministerio Fiscal, o presunto agresor tentou contactar coa vítima e, ante a negativa dela, presentouse no seu portal o 6 de xaneiro de 2017. Alí, o acusado enganouna para que se metese no coche "a fumar un cigarro". Unha vez dentro, o home bloqueou as portas, baixou os pantalóns e obrigouna a facerlle unha felación. Este feito constitúe unha agresión sexual e supón un caso de violencia de xénero.

Ademais, o presunto agresor xa ameazara á vítima con anterioridade. En concreto, en 2016 o home apareceu na casa da súa exparella coa intención de falar co fillo de ambos, explica o Fiscal. Con todo, unha vez dentro da casa, comezou a interrogala sobre a súa situación sentimental, intimidouna cun coitelo mentres examinaba o seu teléfono e empezou a insultala. Ameazouna dicíndolle que "se volvía gritar e alguén chamaba á porta" cravaríalle o coitelo.

Por todos os feitos acaecidos o Ministerio Fiscal considera que existe un agravante de parentesco e de xénero e pide dous anos de prisión por ameazas e dez por agresión sexual. Tamén unha indemnización de 6.000 euros para a vítima, unha orde de afastamento de 300 metros e a prohibición de comunicarse con ela durante 13 anos.

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta