Chega unha fronte chuviosa logo do mini verán da fin de semana

Outubro pecharase con choivas.

Por E.P. | Compostela | 28/10/2019 | Actualizada ás 09:41

Comparte esta noticia

Este luns chega unha fronte por Galicia, que cambia a situación do fin de semana, que se presentou estable meteorolóxicamente en toda a península, con temperaturas cálidas que alcanzaron ata os 25 graos e ceos pouco nubrados, en xeral, segundo informou a Europa Press a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

A previsión do AEMET estima que a fronte avance durante o día cara ao interior peninsular deixando choivas no oeste, con chuvascos intensos na zona da Rías Baixas de Galicia, e máis débiles no restp. As temperaturas baixan, debido a esta fronte, no oeste da península.

Nos seguintes días, sucesivas frontes chegarán á península afectando ao terzo norte peninsular e deixando choivas en Galicia, as comunidades cantábricas e Pireneos.

Nubes cargadas de choiva
Nubes cargadas de choiva | Fonte: Ep

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta