O 061 asistiu a 68 persoas en 51 accidentes de tráfico durante esta fin de semana en Galicia

O día que se rexistraron máis accidentes foi o sábado, cun total de 21.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2019 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

O 061-Urxencias Sanitarias de Galicia asistiu ao longo deste fin de semana a un total de 68 persoas debido a 51 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas.

Segundo informa a central de coordinación deste servizo, recibiu un total de 63 chamadas por sinistros entre as 15,00 horas do venres e as 23,59 horas do domingo. O día que se rexistraron máis accidentes foi o sábado, cun total de 21.

Todas estas alertas xeraron 51 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061, que atendeu a un total de 68 persoas. Delas, o 50 por cento foron homes e o outro 50 por cento foron mulleres. Ademais, destaca que o 40 por cento tiña entre 25 e 39 anos.

Por provincias, a da Coruña foi a que máis sinistros rexistrou durante o fin de semana, cun total de 23. A esta séguenlle Pontevedra, con 14 incidentes; Lugo, con 10; e Ourense, con tan só catro.

Os recursos mobilizados polo 061 foron un total de 71. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en cinco accidentes, as de soporte vital básico fixérono en 59 ocasións e o helicóptero medicalizado tan só foi necesitado unha vez. O persoal de atención primaria interviu en seis incidentes.

Nun total de 63 casos, os feridos tiveron que ser trasladados aos centros sanitarios correspondentes, mentres que nos cinco restantes a atención produciuse no propio lugar do suceso.

Imaxe dun sinistro no accidente de tráfico na estrada M-50 de Madrid. EMERXENCIAS MADRID
Imaxe dun sinistro no accidente de tráfico na estrada M-50 de Madrid. EMERXENCIAS MADRID

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta