Cocainismo

Non fai moitas datas, funcionarios do Grupo GRECO, con base na Comisaría Provincial de Pontevedra, procederon a incautación de 500 kgr. de cocaína, así como á detención de oito persoas, catro españois e catro colombianos.

Por José Freire | Pontevedra | 21/06/2012

Comparte esta noticia
Os incrementos das intervencións tanto cualitativas como cuantitativas en España é moi superior aos incrementos experimentados a nivel mundial. Isto quere dicir que, ademais de contar con bos profesionais nos Corpos e Forzas de Seguridade, aínda segue entrando moita droga polas nosas costas.
 
E falamos desta droga cunha certa familiaridade. E isto é así xa que estamos a referirnos á droga de abuso que, a pesar da aparición doutro tipo de substancias, segue estando de moda, e que pode conducir aos consumidores ao chamado cocaínismo.
 
Non vou facer aquí unha historia de cómo se iniciou o seu consumo, de cómo chegou a Europa, de cáles son as consecuencias da súa intoxicación, a súa tolerancia ou dependencia. Interésame máis o trasladar a miña opinión sobre as posibles causas de que estea tan estendido o seu consumo.
 
A ninguén se lle escapa que se trata dunha droga de luxo, bastante relacionada  con algunhas persoas moi coñecidas e socialmente aceptadas.
 
Estes consumidores non se avergoñan de facelo, senón que, pola contra e debido aos seus efectos, séntense orgullosos e con elo fan unha labor proselitista moi importante entre as persoas máis próximas.
 
Por outra banda trátase dunha droga de fácil administración e que non require ningún instrumental nin lugar especial para elo.
 
O cocainómano anda á procura do sentimento de super-home, vontade de poder e excitación psíquica e muscular. Chega a esta droga buscando un novo pracer, que non atopa na vida ordinaria de 
traballo, familia ou deporte. Son individuos de pouca ou escasa moralidade.
 
A disolución do núcleo familiar ou a perda dalgúns dos valores tradicionalmente aceptados como normas de boa conduta, ou incluso a falta de valores relixiosos, pode conducilo ao consumo.
 
Atopámonos nunha sociedade tremendamente competitiva e con serios problemas, polo que hai que estar “permanentemente en forma” para acadala “crista da onda”. Destacar por riba de todo e de todos, custe o que custe e caia quen caia. Unha superación do “eu” por riba de calquera outra consideración.
 
O toxicómano desta droga pensa haberse transformado nun home que todo o pode, posúe un magnífico optimismo, que lle fai crer de xeito razoado nos proxectos máis absurdos.
 
E, namentres, os listos enriquecéndose á súa conta. Para estes non hai crise nin rescates.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.