Piden o cesamento do cargo da Xunta que falou de "revanchismo" con Franco pola súa exhumación

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña remitiu un escrito á conselleira de Medio Ambiente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2019 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña remitiu á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, un escrito no que pide o cesamento do cargo da Xunta que, entre outras cuestións, censurou o "revanchismo" co ditador Francisco Franco, por mor da exhumación dos seus restos do Val dos Caídos.

Franco e Hitler saúdan a garda alemá en Hendaia, o 23 de outubro de 1940.
Franco e Hitler saúdan a garda alemá en Hendaia, o 23 de outubro de 1940.

En concreto, apuntan que o xefe de servizo de Conservación da Natureza en Ourense, Juan Gómez, apoiou "de forma descarada" o "franquismo máis rancio" situándose en contra da exhumación.

A entidade entende que é "cousa de cada un as ideas que defenda", pero remarcan que un cargo público, "cando é de libre designación", non pode situarse "tan claramente a favor dun bando, neste caso o franquista".

No escrito, trasladan á conselleira que, se o xefe de servizo en cuestión fose un funcionario "de sólida traxectoria", el sabería que a Deputación de Ourense "garda os nomes e datos de 646 persoas fusiladas en 64 municipios, máis de dous terzos do total de concellos da provincia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta