O Goberno galego ve "marxe negociadora" para evitar un Brexit duro tras a nova prórroga

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2019 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O director do Instituto Galego de Promoción Exterior, Juan Cividanes, sinalou que ve "marxe negociadora" para finalmente evitar un Brexit duro despois de que a Unión Europea acordase unha nova prórroga para que se formalice a saída do Reino Unido.

Este martes nunha rolda de prensa na que fixo balance sobre os datos de exportacións das empresas galegas nos oito primeiros meses do ano, Cividanes comentou que "cada día" hai "novidades" sobre "se vai haber un Brexit duro ou non".

"Se tivese que apostar, non parece que vaia a ser unha saída inminente", incidiu o responsable do Igape, que asegura que "os expertos" ven "marxe negociadora" para evitar unha saída abrupta do Reino Unido.

Cividanes lembrou que o Goberno autonómico puxo en marcha unha serie de medidas de apoio para as empresas galegas que se poidan ver afectadas polo Brexit. Entre elas, destacou a liña de teléfono para consultas ou a apertura dunha oficina no Reino Unido para asesorar ás empresas galegas, así como a aprobación por parte do Consello da Xunta para a posta en marcha dun grupo de traballo interdepartamental.

O directo do Igape, Juan Cividanes, en rolda de prensa. XUNTA
O directo do Igape, Juan Cividanes, en rolda de prensa. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta